Jalil Andrabi foi un importante avogado de dereitos humanos caxemirés, activista e partidario da independencia de Caxemira asociado coa Fronte de Liberación de Jammu e Caxemira (JKLF). Jalil Andrabi foi presuntamente asasinado polo grupo paramilitar indio Rashtriya Rifles e renegados indios en marzo de 1996 cando Andrabi tiña 42 anos.
Sucesos
O asasinato de Jalil Andrabi O 8 de marzo de 1996 Andrabi foi detido en Srinagar polo militar indio Avtar Singh, da 35ª unidade da paramilitar Rashtriya Rifles do exército indio. As testemuñas presenciais afirmaron que Andrabi foi detido ao redor das 18:00 h por unha unidade do Rashtriya Rifle, que interceptou o seu coche a uns centos de metros da súa casa.
O corpo de Jalil Andrabi apareceu na mañá do 27 de marzo de 1996, flotando no río Jhelum, na zona de Kursu Rajbagh da cidade de Srinagar. Segundo informes xornalísticos, o corpo atopábase dentro dunha bolsa de estopa. A autopsia demostrou que fora asasinado días despois do seu arresto.
Avtar Singh, o axente supostamente responsable, fuxiu do país e foi buscado polo Estado Indio debido ó seu asasinato. O goberno indio emitiu unha orde de arresto e unha alerta á Interpol pero estas medidas nunca chegaron a nada. Existe un caso xudicial pendente nun tribunal Budgam contra Avtar Singh.
Presunta morte de Avtar Singh O 9 de xuño de 2012, Avtar Singh, con 47 anos, que nese momento vivía en Selma, California, matou a súa muller Hervinder Kaur, de 36, o seu fillo, Jay Singh, de 3 anos, e a Kinwaljeet "Aryan" Singh, o seu fillo de 17, ademias de ferir gravemente o seu fillo Kanwarpal "Chris" Singh, o cal tiña 15 anos, cunha pistola. Avtar chamou á policía para confesar os seus crimes e logo suicidouse coa súa propia pistola. Kanwarpal, a pesar de sobrevivir, sufriu graves feridas na cabeza. Foille retirado o soporte vital no Centro Médico Rexional Comunitario de Selma e morreu o 14 de xuño. A fonte da que procede esta información non especifica se este Avtar Singh é o mesmo que supostamente asasinou a Jalil Andrabi.
Notas
Categoría:Asasinatos Categoría:1996 Categoría:India