O 28 de abril de 2025, ás 12:33 p.m. (CEST), produciuse un importante apagamento eléctrico a través da Península Ibérica e partes do suroeste de Francia, afectando especificamente a Andorra, Portugal, España e o sur de Francia. O corte de enerxía provocou dificultades nas comunicacións, sistemas de transporte e sectores esenciais como hospitais e servizos de emerxencia, e deixou sen electricidade a máis de 50 millóns de persoas. A recuperación da subministración comezou durante a tarde do mesmo día e, na madrugada do 29 de abril, o sistema eléctrico xa estaba restabelecido.
Segundo o informe final da Rede Europea de Xestores de Redes de Transporte de Electricidade, o apagamento produciuse por un aumento rápido e incontrolado da tensión do sistema eléctrico, que provocou a perda de control do sistema e a posterior desconexión en cadea da xeración, conducindo a unha situación de inestabilidade xeneralizada.
Feitos Os informes sinalan problemas coa rede eléctrica europea. Os semáforos deixaron de funcionar en moitos lugares e as liñas de metro tiveron que ser evacuadas. Aproximadamente ás 16:00 h (hora local), o operador eléctrico español Red Eléctrica estimou que o restabelecemento do servizo tardaría entre seis e dez horas. Aínda que aproximadamente á mesma hora, o operador de rede portugués indicou que a normalización podería tardar até unha semana. Tres persoas faleceron en Taboadela afogadas polo fume dun xerador durante o apagamento.
Notas
Categoría:2025 Categoría:Electricidade Categoría:Península Ibérica Categoría:Desastres Categoría:Goberno de Pedro Sánchez