Lourdes Yaurimar Moreno Beleno, máis coñecida como Kika Moreno, nada en Barinas (Venezuela) o 25 de xaneiro de 1997, é unha futbolista venezolana que xoga como centrocampista no 3B da Amazônia, do Campionato Brasileiro.
Foi internacional coa selección venezolana.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol na súa Venezuela natal, onde vestiu as camisetas de Potros de Barinas e Deportivo Lara. En 2017 recalou en Galicia, onde ingresou o 1 de febreiro no Deportivo da Coruña, que acababa de recuperar a súa sección feminina. Fichou xunto á súa compatriota Gaby García, converténdose nas dúas únicas estranxeiras do equipo. Militou durante catro anos e medio no club galego, disputando 76 partidos oficiais nos que marcou 25 goles, e foi unha das grandes figuras do primeiro ascenso do equipo á Primeira División.
Na tempada 2021/22 militou no Dux Logroño e a continuación regresou a América do Sur para xogar no Independiente Medellín. En 2024 fichou polo 3B da Amazônia, do Campionato Brasileiro Série A2. Con este equipo conseguiu o ascenso á Série A1 na súa primeira tempada.
Notas
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados no estado de Barinas Categoría:Futbolistas de Venezuela Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadoras do Deportivo da Coruña Feminino Categoría:Xogadoras da selección de fútbol de Venezuela