Andrés Allegue Dopico, nado en Pontedeume o 25 de abril de 1911 e finado o 10 de marzo de 1993, foi un sindicalista e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Dependente de comercio, afiliado ao Sindicato de Dependientes de Comercio da Coruña da CNT. En 1935 era secretario do sindicato de representantes comerciais da CNT da Coruña e membro do comité local da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado na Coruña polo achado de armas e explosivos no local da CNT na causa 332/36 xunto con Cipriano Alvite Alonso, José Boedo López e Eladio Muíños Díaz. O seu caso foi sobresido e foi posto a disposición do Delegado de Orde Pública. Integrouse na Central Nacional Sindicalista.La Voz de Galicia, 11-6-1938, p. 2. En 1937 incorporouse ao exército sublevado, loitando como soldado até o fin da guerra. En 1944 foi contactado por Juan García Durán, Félix Álvarez Arganzúa e Fernando López Mantiñán para reorganizar a CNT. Foi vogal do Comité Rexional e despois secretario do Comité Rexional galego da CNT. Detido nunha redada en marzo de 1947, foi procesado na causa 156/47 e condenado en consello de guerra en Vigo en 1948 a cinco anos de prisión. Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria Militarizada de Dos Hermanas onde foi trasladado o 20 de setembro de 1948. Saíu en liberdade condicional o 17 de setembro de 1949. Despois da súa liberación emigrou a Venezuela.
Vida persoal
Casou na Coruña con Carmen Varela Roca en 1935 e foi pai de María del Carmen, Alejandro, Olga e Berta Allegue Varela. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (A)
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados en 1911
Categoría:Finados en 1993