Eladio Muíños Díaz, nado na Coruña en 1897 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1966, foi un sindicalista galego.

Traxectoria Socio do Centro de Estudios Sociales Germinal. Participou na reorganización do Sindicato de Tranviarios da Coruña da CNT en maio de 1930, do que foi secretario e representante no Pleno Regional celebrado na Coruña. Foi secretario da Federación Local Obrera da Coruña en febreiro de 1932.La Voz de Galicia, 2-8-1932, p. 2. Foi detido como consecuencia da folga de solidariedade cos obreiros ferroláns do verán de 1932 por ser membro do Comité de folga. Presidente do Sindicato de Tranviarios da Coruña en 1934,BOP A Coruña, 23-3-1934, p. 3. en novembro dese ano foi detido polos sucesos da folga xeral de outubro. Colaborou en Solidaridad en 1935. Integrou unha comisión que foi entrevistarse co gobernador civil despois do mitin do 18 de xullo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integrouse no Comité de Defensa coruñés en representación da CNT. Foi detido e xulgado na Coruña polo achado de armas e explosivos no local da CNT na causa 332/36 xunto con Andrés Allegue Dopico, Cipriano Alvite Alonso e José Boedo López. O seu caso foi sobresido e foi posto a disposición do Delegado de Orde Pública. Finou na Coruña o 19 de setembro de 1966.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-9-1966, p. 10.

Vida persoal

Casou na Coruña con María Díaz Pardo e foi pai de Eladio Muíños Díaz.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente personal de Eladio Muiños Díaz Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (M) Desayunos con la Torre. Entrevista co seu fillo Eladio Muíños Díaz.

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1966