Virtudes (e misterios) é unha novela en lingua galega de Xesús Fraga, publicada por editorial Galaxia en xaneiro de 2020. A obra é un repaso pola historia da emigración galega a través da historia dunha familia das Mariñas coruñesas. Recibiu o Premio Nacional de Narrativa en 2021.

Argumento Virtudes,campesiña e galega, viuse na obriga de abandonar a súa aldea, a mediados do século XX, e emigrar a Londres debido ás difíciles condicións socioeconómicas da España dos anos 60. Abandonada polo seu home, decidiu buscar na emigración unha saída para garantir un futuro ás súas tres fillas.

Nun contexto no que as mulleres españolas precisaban do permiso conxugal para poder traballar ou viaxar ao estranxeiro, Virtudes falsificou dita autorización, desafiando as limitacións legais impostas polo réxime franquista. Sen coñecer o idioma e cunha formación limitada, foi quen de establecerse en Londres, onde creou un espazo propio e traballou duramente, privándose de calquera luxo para poder manter e educar as súas fillas.

A historia de Virtudes é a historia do esforzo, a resiliencia e o sacrificio da emigración galega feminina desa época.

Personaxes principais Avoa Virtudes: Motor da familia e protagonista indiscutible da novela

Isabel: Filla maior de Virtudes. A primeira universitaria da familia Xesús: Neto de Virtudes, fillo de Isabel, narrador e autor da historia.

Temas e estilo literario Temas abordados na obra: emigración; memorias; solidariedade; amizade; feminismo como apoderamento da muller

Estilo narrativo: novela, non ficción. Premios Premio Blanco Amor de Novela, 2019

Premio Nacional de Narrativa, 2021 Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Creación Literaria, 2021

Traducións Virtudes y misterios (Xordica, outubro de 2020): castelán. Notas

Categoría:Obras literarias en galego Categoría:Obras literarias de 2020 Categoría:Premio Blanco Amor Categoría:Premio Nacional de Narrativa de España