En medicina e farmacoloxía a semivida, hemivida, vida metade ou vida media de eliminación dun fármaco en sangue é o tempo que tarda en eliminarse o 50% da concentración plasmática acadada por unha dose dese fármaco. A semivida biolóxica é un parámetro farmacocinético moi importante, xeralmente denotada pola abreviación t1/2, e é fundamental para coñecer os intervalos de aplicación de dito fármaco.

Vida media en eliminacións de primeira orde

Este proceso é, en xeral, un proceso logarítmico de primeira orde. Por exemplo; unha cantidade que é eliminada a unha proporción constante, do axente por unidade de tempo. Noutras palabras, desta forma, a diminución da concentración de dito axente tras unha administración única vén dada por:

Ct é a concentración despois dun tempo t C0 é a concentración inicial (t=0) k é a constante de eliminación

A relación entre a constante de eliminación e a vida media vén dada por:

A vida media vén determinada pola separación (CL, do inglés clearance) e o volume de distribución (VD), e ámbolos dous parámetros relaciónanse segundo a expresión:

Vida media en eliminacións de orde cero Nalgunhas circunstancias, a vida media varía coa concentración do medicamento ou droga. Por exemplo, o etanol pode ser inxerido nunha cantidade suficiente para saturar os encimas (basicamente alcol deshidroxenases) que o metabolizan no fígado, e por isto é eliminado do corpo a unha taxa constante (eliminación de orde cero). Deste modo, a vida media, baixo estas circunstancias, é proporcional á concentración inicial de droga ou medicamento A0, e inversamente proporcional á constante de eliminación de orde cero k0, onde:

Notas En inglés ''Half-life: The time it takes for a substance (drug, radioactive nuclide, or other) to lose half of its pharmacologic, physiologic, or radiologic activity. Year introduced: 1974(1971) NLM MeSH.

Ligazóns externas En castelán Listaxe de artigos nos cales se utiliza o termo "vida mitad" Listaxe de artigos nos cales se utiliza o termo "semivida" Artigo publicado en "Med Clin (Barc), 1994 - Contén, no texto, un comentario en canto a vida media e semivida. Ademais dunha listaxe con outras palabras Referencias con ligazóns a moitas listaxes como a do artigo precedente

Categoría:Farmacoloxía Categoría:Drogas