miniatura|264x264px|Busto característico das moedas británicas da serie Old Head, deseñado por Thomas Brock. "2 Pounds - Victoria 3rd portrait". Numista.com A serie Old Head (en galego: "cabeza anciá"), está composta polas moedas británicas cuñadas e datadas entre 1893 e 1901, caracterizadas pola representación nos seus anversos dun retrato da raíña Vitoria (1837-1901) con trazos de ancianidade e cun diadema parcialmente oculto por un velo de viúva.

Este novo deseño do anverso na moeda británica foi creado por de Thomas Brock e substituíu o anterior das moedas do Xubileu de Vitoria —obra de Joseph Edgar Boehm e cuñadas a partir de 1887—, que foran moi criticadas tanto polo retrato da raíña como porque no reverso da maioría das moedas non se indicaba o seu valor facial. Na nova serie Old Head, algunhas moedas continuaron cos reversos que xa tiñan na anterior, e o característico deseño de Benedetto Pistrucci para o soberano estendeuse a toda a serie de ouro e á coroa de prata. Ademais, creáronse novos deseños para algunhas das moedas de prata, creados por Thomas Brock ou por Edward Poynter, e todas as moedas inferiores á coroa pasaron a indicar expresamente os seus respectivos valores faciais.

Xa en 1888, considerárase a posibilidade de substituír as moedas do Xubileu por un novo deseño, mais daquela as autoridades prefiriran esperar. O deseñador dol anverso da serie do Xubileu, Joseph Boehm, faleceu en 1890 e, pouco despois, o Ministro de Facenda, George Goschen, nomeou unha Comisión sobre o Deseño de Moedas para estudar o asunto. Esta comisión presentou un informe en 1892 no que se propuñan novos deseños de reverso para algunhas moedas, en tanto que os reversos doutras debían ficar inalterados. Logo do informe, cumpriu introducir algunhas modificacións, pero as novas moedas acabaron emitíndose a principios de 1893, cun acollemento en xeral positivo.

As moedas da serie Old Head foron as primeiras en levar, como parte dos títulos reais da monarca, a inscrición IND IMP (Indiae Imperatrix; "Emperatriz da India"). Aínda que Vitoria non estaba autorizada a utilizar este título no Reino Unido, o primeiro ministro, Robert Gascoyne-Cecil, e o seu gabinete autorizaran o seu uso na emisión de 1892 porque as moedas tamén circulaban nos territorios coloniais. A cuñaxe das moedas Old Head limitouse orixinalmente ás moedas de ouro e de prata, mais en 1895 a cabeza de Vitoria anciá colocouse tamén nas moedas de bronce (o penique e as súas fraccións).

A serie Old Head mantívose ata o falecemento da raíña Vitoria en 1901. A partir do ano seguinte as moedas británicas pasaron a amosar nos seus anversos o busto do seu sucesor, Eduardo VII (1901-1910).

Antecedentes e contexto miniatura|180x180px|esquerda|O busto da serie Old Head substitúe este anterior, da serie do Xubileu da raíña Vitoria."½ Sovereign - Victoria 2nd portrait". Numista.com

En xuño de 1887 introducírase un novo deseño de anverso para as moedas británicas de ouro e de prata, obra de Joseph Boehm. Esta emisión coincidiu co Xubileu de Ouro da raíña Vitoria, polo que as novas moedas pasaron a coñecerse como as "moedas do Xubileu". Asemade introducíranse novos deseños de reverso creados pro Leonard Charles Wyon, para as moedas de prata entre os seis peniques e a media coroa, e creárase unha nova moeda, o dobre florín ou peza de catro xilins.Lant, J. L. (1973). Páxinas 134-135. Pola súa banda, a coroa, co valor de cinco xilins, recuperárase para a circulación por primeira vez desde a década de 1840.Lobel, R. ed. (1999) . Páxina 488.

Naquel deseño de Boehm, Vitoria portaba unha pequena coroa de diamantes na súa cabeza. Trátase da coroa que ela prefería levar naquela época, por mor do seu pouco peso, mais o deseño fora moi criticado por dar a impresión de que a coroa estaba a piques de caer. Ademais, ningún dos deseños das novas moedas de prata da serie do Xubileu indicaba expresamente o valor da moeda, o que favoreceu que a moeda de seis peniques, que tiña o mesmo tamaño que o medio soberano de ouro, fose inmediatamente dourada polos estafadores para a faceren pasar por aquela. Isto motivou que a Royal Mint se apresurase a deter a súa produción e logo retomar o deseño anterior do reverso, que incluía unha declaración expresa do valor da moeda.Lant, J. L. (1973). Páxinas 136-138.

A Real Casa da Moeda do Reino Unido estaba ansiosa por cambiar o deseño de Boehm por outro en canto transcorrese un intervalo prudente. Xa en 1888, amosáraselle Vitoria un modelo proposto para un novo deseño de moeda. O investigador numismático Mark Stocker, no seu artigo sobre a emisión de 1893, suxire que a falta de máis documentación sobre aquel novo deseño implica que non se contaba coa aprobación real para proceder ao cambio naquel momento. En setembro de 1889, o ministro de Facenda, George Goschen, escribiu á raíña: «como a discusión xeral sobre a moeda do Xubileu se calmou e parece que a poboación está afeita á nova moeda, pensei que quizais fose mellor deixar descansar o asunto durante un tempo». A resposta real foi esta: «á Raíña desgústalle moito a nova moeda, e desexa que a antiga poida seguir usándose e a nova deixe de usarse gradualmente, e logo se cuñe unha nova».Goschen amosou as súas dúbidas respecto a que tal cousa puidese levarse a cabo, mais prometeu: «consultarei coas autoridades da Casa da Moeda se, en caso de non podermos volver atrás, non deberiamos seguir adiante co novo deseño».Stocker, M. (1996). Páxina 67.

Preparación miniatura|322x322px|esquerda|O busto da medalla Ashanti da campaña de África Occidental (1873-1874) influíu no deseño do da serie Old Head.Mayo, J. H. (1897). Medals And Decorations Of The British Army And Navy. Vol 2. A. Constable, Westminster. Páxinas 398-402."The Ashantee Medal, granted by the Queen for the Expedition of 1873–74". The Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org).Goschen decidiu proceder nomeando en febreiro de 1891 unha comisión consultiva, denominada Comisión sobre o Deseño de Moedas, co mandato de «examinar os deseños das diversas moedas postas en circulación no ano 1887, e as melloras nos deseños suxeridos desde entón, e facer as recomendacións sobre o tema que puidesen parecer convenientes, e informar sobre que moedas, de ser o caso, deberían ter valores expresados en palabras e cifras».Stocker, M. (1996). Páxinas 67-68. A comisión estaba presidida polo deputado liberal John Lubbock, e os outros membros eran David Powell, vicegobernador do Banco de Inglaterra; Richard Blaney Wade, presidente do National Provincial Bank; Frederic Leighton, presidente da Royal Academy; John Evans, presidente da Sociedade Numismática Británica; e Charles William Fremantle, director executivo da Real Casa da Moeda (Deputy Master of the Mint).

Na súa primeira reunión, o 12 de febreiro de 1891, a comisión recomendou que non se seguise a cuñar o dobre florín, de catro xilins. Consideraban que, dado que se seguiría cuñando a coroa ou peza de cinco xilins, non cumpría manter outra gran peza de prata de valor próximo. O Goberno amosouse de acordo coa recomendación e, de feito, a cuñaxe do dobre florín suspendérase xa en agosto de 1890.Dyer, G. P. (1995). Páxina 114.Stocker, M. (1996). Páxina 68. Na súa segunda reunión, o 27 de febreiro, a comisión considerou a posibilidade de convocar un concurso aberto para novos deseños de moedas, pero no canto diso decidiuse convidar a varios artistas —todos eles membros ou membros asociados da Royal Academy— a presentaren propostas. Pedíuselles aos artistas convidados que presentasen dous retratos de Vitoria, ambos ollando cara á esquerda, xa que a Royal Mint estaba a considerar non utilizar o mesmo retrato no florín e na media coroa, no caso de mantérense ambas as moedas, para evitar confusións entre elas. Aos participantes ofrecéronselles 150 libras polo seu traballo, unha cantidade que o xornal Illustrated London News considerou insuficiente; de feito, dous artistas declinaron a invitación.Stocker, M. (1996). Páxinas 68-70.

miniatura|181x181px|esquerda|Medalla de Brock polo Xubileu de Diamante de Vitoria (1897)."Queen Victoria's Diamond Jubilee, 1897". The Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org).

A data límite do concurso era o 31 de outubro de 1891, e o 27 de novembro a comisión reuniuse no Banco de Inglaterra coa intención de examinar as propostas. O resultado foi a selección dos deseños de anverso presentados polo escultor Thomas Brock, en tanto que para os reversos o comité decidiu manter o característico deseño de San Xurxo de Benedetto Pistrucci de 1817 na coroa e en toda a serie de ouro —medio soberano, soberano, dobre soberano e quíntuplo soberano—. Para os reversos da moeda de seis peniques e da media coroa seleccionáronse os deseños de Edward John Poynter. O proceso de toma de decisións da comisión non está claro, aínda que Goschen declarou posteriormente que fora moi decisiva a influencia do presidente da Royal Academy of Arts, Frederic Leighton.Stocker, M. (1996). Páxina 71.

Na seguinte reunión da comisión, o 23 de decembro de 1891, acordouse pedirlle a Brock que modificase o seu primeiro anverso a imitación da medalla Ashanti da campaña de África Occidental (1873-1874). Segundo Stocker, «en poucas palabras, a medalla Ashanti fusionouse co deseño preexistente de Brock para crear a “cabeza vella”».Stocker, M. (1996). Páxina 75. Requiríronse poucos cambios nesa versión modificada do anverso. Tamén se lle pediu a Poynter que realizase modificacións na súas proposta de deseño para os reversos, o cal fixo a tempo para que estas fosen aprobadas na reunión final da comisión o 11 de marzo de 1892,Stocker, M. (1996). Páxinas 75-76. na que tamén se recomendou que se utilizase un segundo retrato de Vitoria unicamente no florín, para o diferenciar máis claramente da moeda de media coroa. Ante a oposición de Vitoria a este respecto, xa que consideraba improbable que alguén puidese distinguir as dúas moedas dese xeito, a comisión revisou a súa recomendación, e finalmente optouse por reducir lixeiramente o diámetro do novo florín, a terceira vez que se modificaba o seu tamaño desde a súa introdución en 1849.Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxina 537.Stocker, M. (1996). Páxina 76.

Ambos os escultores recibiran instrucións para incluír nos anversos o nome e os títulos da raíña Vitoria, expresados en latín como Vitoria Dei Gratia Regina Britanniarum Fidei Defensor («Vitoria, pola graza de Deus, raíña dos británicos, defensora da fe»), que se podería abreviar segundo cumprise. Vitoria levaba exercendo presión desde 1888 para que o seu título de emperatriz da India, concedido pola Lei de Títulos Reais de 1876, se incluíse na moeda,Lant, J. L. (1973). Páxinas 139-140. e o 12 de febreiro de 1892 o primeiro ministro, Robert Gascoyne-Cecil, escribiulle: «os serventes da súa Maxestade opinan que o título de emperatriz da India, que indica, como o fai, a relación da súa Maxestade coa maior parte dos seus súbditos, debería aparecer na moeda en forma das letras Ind Imp ou I. I. ou algunha abreviatura similar». Aínda que a Lei de Títulos Reais lle prohibía ao monarca utilizar ese título en asuntos exclusivamente dentro do Reino Unido, o gabinete determinou que o texto podía incluírse xa que as moedas tamén circularían nas colonias.

O 12 de marzo de 1892 enviáronselle os deseños a Henry Ponsonby, secretario privado da raíña. En xeral, a esta gustoulle o anverso creado para a nova serie monetaria, aínda que non amosou o seu beneplácito á versión modificada deste que se lle pedira a Brock, que a partir de entón se abandonou. Tampouco foron da súa satisfacción os reversos escollidos para a media coroa nin para o xilin, polo que se prepararon novas versións, aínda que Poynter solicitou para iso un pagamento extra, que non acadou.Stocker, M. (1996). Páxinas 76-77.

miniatura|340x340px|A coroa Old Head comparte coas moedas de ouro os deseños de Brock para o anverso e de Pistrucci para o reverso."1 Crown - Victoria 3rd portrait". Numista.com