Abang Adik (en ) é un filme malaisiano de 2023 escrito e dirixido por Jin Ong, no seu debut como director. O filme conta a historia de dous orfos sen papeis en Malaisia, Abang (Wu Kang-ren), unha persoa xordomuda e o seu indignado irmán máis novo Adik (Jack Tan) que loitan nun ambiente asolado pola pobreza e a delincuencia. Serene Lim, April Chan, Tan Kim Wang e Bront Palarae compoñen o resto do elenco.
Foi escollido como candidato de Malaisia para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Wu Kang-ren como Chen Ah-bang (Abang) Jack Tan como Zhang Wen-di (Adik) Tan Kim Wang como Ms. Money Serene Lim como Li Jia En April Chan como Xiao-su Bront Palarae como xefe criminal
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Malaisia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua malaia Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Malaisia Categoría:Filmes de Taiwán Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes sobre xordos