A Escola Municipal de Teatro de Vigo é un centro de ensino de carácter público, dependente do Concello de Vigo, e especializado en teatro. A escola O edificio que alberga a escola atópase situado no interior dunha edificación rectangular cun gran atrio ou patio central. A escola atópase no fondo, mentres que o resto dos edificios corresponden a un uso residencial.
A escola está composta por unha edificación central, onde se atopan a secretaría, a entrada e as escaleiras, e dúas ás laterais. Ten dous andares, e consta de varias aulas, biblioteca, vestiarios e un aula de atrezzo.
Plan de estudos O Plan de Estudos da Escola Municipal de Teatro de Vigo (EMTVigo) está estruturado en itinerarios que abarcan desde a dramatización infantil ata a formación avanzada en teatro. Cada itinerario está deseñado para diferentes rangos de idade e niveis de experiencia, e inclúe formación teórica e práctica.
Dramatización (4–8 anos) Enfocado na expresión emocional e comunicativa a través da voz, o corpo, o ritmo e o espazo. Dramatización I, II e III (4–6 anos) Dramatización IV (7–8 anos) Básico Dirixido a alumnado desde 9 anos, dividido en tres grupos de idade: 9–11 anos, 12–15 anos e 16 anos ou máis, con tres niveis por grupo. 9–11 anos 12–15 anos Maiores de 16 anos Medio Dirixido a alumnado desde 12 anos, dividido en dous grupos de idade: 12–15 anos e 16 anos ou máis, con tres niveis por grupo. 12–15 anos Maiores de 16 anos Avanzado Dirixido a alumnado que completou o itinerario Medio ou que acredite experiencia previa equivalente mediante probas de acceso. Maiores de 12 anos ForAgrup Espazo para antigo alumnado que desexe continuar vinculado á actividade da escola, participando en producións teatrais e actividades conxuntas.
Este plan formativo busca potenciar a expresión corporal e vocal, a creatividade e a capacidade interpretativa do alumnado, adaptándose ás súas idades e niveis de desenvolvemento.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Escola Superior de Arte Dramática de Galicia Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Categoría:Institucións de ensino de Vigo Categoría:Teatro en Galicia Categoría:Escolas de arte