As adipocinas ou adipocitocinas (do grego , graxa; , célula; e , movemento) son citocinas (proteínas de sinalización celular) segregadas polo tecido adiposo. Algunhas contribúen a un estado de inflamación de grao baixo relacionado coa obesidade ou ao desenvolvemento da síndrome metabólica, unha constelación de doenzas entre as que están a diabetes tipo 2, as doenzas cardiovasculares e a aterosclerose. A primeira adipocina que se descubriu foi a leptina en 1994. Desde entón, descubríronse centos de adipocinas.
Exemplos de adipocinas son: Leptina Adiponectina ApelinaGuo L, Li Q, Wang W, Yu P, Pan H, Li P, Sun Y, Zhang J. Endocr Res. 2009; 34(4):142–154. ChemerinaMacDougald1, Ormond A. and Burant, Charles F. (setembro de 2007) "The Rapidly Expanding Family of Adipokines" Cell Metabolism 6: pp. 159–161 Interleucina-6 (IL-6)Monzillo, Lais U. (2003) "Effect of Lifestyle Modification on Adipokine Levels in Obese Subjects with Insulin Resistance" Obesity Research 11(9): pp. 1048–1054 Proteína quimiotáctica do monocito-1 (MCP-1)Christiansen T., Richelsen B., and Bruun J.M. (2005) "Monocyte chemoattractant protein-1 is produced in isolated adipocytes, associated with adiposity and reduced after weight loss in morbid obese subjects" International Journal of Obesity 29: pp. 146–150 Inhibidor do activador do plasminóxeno-1 (PAI-1) Proteína que se une ao retinol 4 (RBP4) Factor de necrose tumoral Visfatina Omentina Vaspina (SERPINA12) Progranulina CTRP-4
A interleucina 8 (IL-8), interleucina 10 (IL-10), interferón gamma (IFN-γ) e a proteína inducible 10 (IP-10 ou CXCL10) foron asociadas co peso corporal excesivo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tecido adiposo Hepatocina Miocina
Ligazóns externas
Categoría:Citocinas