Dahomey é un filme senegalés de 2024 dirixido por Mati Diop. É unha dramatización da devolución de 26 tesouros reais do Reino de Dahomey (no actual Benín), que se conservaban en museos de Francia. A película explora como os artefactos foron devoltos de Francia a Benín e as reaccións dos benineses. Foi unha coprodución internacional entre compañías de Francia, o Senegal e Benín.

Estreouse na competición principal da 74ª edición Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde gañou o meirande premio do festival, o Oso de Ouro. Estreouse nos cinemas de Francia o 11 de setembro de 2024 por Les Films du Losange, con grande éxito da crítica. Foi nomeado un dos 5 mellores filmes documentais de 2024 polo National Board of Review. Foi escollido como candidato do Senegal para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Filmes do Senegal propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua fon Categoría:Filmes do Senegal Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Benín Categoría:Filmes dirixidos por Mati Diop Categoría:Filmes gañadores do Oso de Ouro Categoría:Filmes de Arte France Cinéma