Na historia da ciencia, o Demo de Laplace é un hipotético "demo" ideado no 1814 por Pierre Simon Laplace tal que, se coñecera o momento e posición precisa de cada átomo do universo, entón, por medio das Leis de Newton, podería coñecer todo o futuro e pasado dos sucesos cósmicos.

Cita orixinal Laplace cría no determinismo causal, como é expresado na seguinte cita da introdución ós Essai:

A intelixencia citada é referida a miúdo como Demo de Laplace. Hai que notar que a descrición da hipotética intelixencia descrita como demo non vén de Laplace, senón de biógrafos posteriores: Laplace víase como un científico que tiña esperanza no progreso da humanidade baseado nun coñecemento científico do mundo que, cando se acadase, ía necesitar unha tremenda capacidade para facer cálculos instantáneos.

Categoría:Determinismo