O Clube de Rugby São Miguel é un club polideportivo de Lisboa, fundado en 1970 no barrio de São Miguel por un grupo de universitarios co obxectivo de xogar ó rugby. O terreo de xogo do CR São Miguel é o Bulldogs Rugby Field, sendo Bulldogs o alcume do club. As outras disciplinas practicadas no CR São Miguel son o balonmán e o fútbol americano.

O equipo de rugby participou en competicións oficiais dende 1970/71 até que, en 1983, mudou a súa denominación pola de Rugby Universidade Livre despois de asociarse a esa institución académica para poder facer uso do Estadio Universitario. O club cesou nas súas actividades en 1990 e reapareceu en 2009, novamente como Clube de Rugby São Miguel. O equipo sénior masculino ten competido na máxima categoría do rugby portugués en dez edicións, sendo a primeira en 1972/73 e a máis recente en 2024/25.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Clube de Rugby São Miguel

Outros artigos Campionato Nacional de División de Honra Federación Portuguesa de Rugby Selección de rugby de Portugal

São Miguel Categoría:Deporte en Lisboa