miniatura|250x250px|San Francisco de Asís recibindo os estigmas, atribuído a Jan van Eyck, ca. 1430-32, Museo de Arte de Filadelfia. O irmán León agáchase á dereita. O irmán León, nado en Asís e falecido en Porciúncula ca. 1270, foi o discípulo favorito, secretario e confesor de san Francisco de Asís.
Biografía As datas do seu nacemento e da súa conversión en franciscano descoñécense. Con todo, foi un dos compañeiros favoritos do santo durante os seus últimos anos. Foi o seu secretario e confesor.
Despois da morte de Francisco, tivo un importante papel na oposición a Elías de Cortona. Escachou a caixa de mármore que Elías establecera para ofrendas para a finalización da basílica en Asís. Por isto Elías azoutouno, e esta afronta ao discípulo preferido de San Francisco consolidou a oposición a Elías. León era o líder nas primeiras etapas da loita na orde para o mantemento das ideas de San Francisco.
Un libro que ás veces se atribúe a León é o Speculum perfectionis (O Espello de Perfección) probablemente recompilado despois da súa morte, baseado nas historias que lle contaron e nos seus escritos.
Un pequeno volume dos seus escritos foi publicado por Lemmeus (Scripta fratris Leonis, 1901). León asistiu ao leito de morte de santa Clara, en 1253; despois de sufrir moitas persecucións desde o partido dominante na orde. Morreu en Porciúncula, e os seus restos están enterrados na Basílica de San Francisco.
Moito do que se sabe sobre el está recollido por Paul Sabatier na "Introdución" no Speculum perfectionis (1898).
Na literatura O Irmán León aparece de maneira prominente nas novelas de Nikos Kazantzakis: San Francisco. Neste último libro, León é retratado como un compañeiro de Francisco. León é absolutamente fiel e firme, con todo, loita contra os seus propios defectos, mentres segue a Francisco.
Referencias
Enlaces externos
Categoría:Catolicismo