A igrexa do Carme de Abaixo é unha igrexa situada na cidade de Santiago de Compostela.
Historia Foi erguida entre 1760 e 1773 segundo trazas de Lucas Ferro Caveiro, sobre unha pequena capela anterior. En 1867 Baltasar Ferreiro ampliouna co actual presbiterio, quedando o presbiterio orixinal en cruceiro.
Descrición Obra barroca algo clasicista, consta dunha única nave de planta rectangular cunha lanterna circular no centro. Destaca a súa fachada, típicamente de granito, con tres corpos verticais divididos por pilastras.
Notas
Categoría:Igrexas de Santiago de Compostela Santiago de Compostela