Xanthoria parietinaLiques de Galicia. SGHN é un lique foliáceo, de cor amarela alaranxada viva e forma vagamente circular con marxes lobuladas. No centro do talo aparecen en forma de pequeno disco ou copa moi aberta os apotecios, os corpos frutíferos do fungo onde se desenvolven as ascósporas. Vive durante decenas de anos.
Distribución e hábitat Este lique, moi abundante en practicamente toda Europa, crece con gran profusión sobre a cortiza das árbores, sobre rochas, paredes, teitumes ou en calquera outra parte, pero especialmente naqueles lugares onde o aire conteña po rico en sales minerais. Considérase unha especie nitrófila, polo que abunda nos arredores das cidades.
Importancia económica e cultural Ademais de todas as características mencionadas anteriormente, este lique é moi sensible á contaminación ambiental, polo que un estudo da abundancia ou escaseza de exemplares, así como das diferenzas de tamaño que se producen no talo, pode servir para detectar variacións no grao de contaminación da zona. Empregábase na antiga farmacopea para tratar a malaria co nome de Lichen parietinus, como substituto da cortiza da quina (unha árbore do xénero Cinchona). Tamén se empregaba como colorante para tinguir de amarelo e marrón debido ao seu contido en parietina.
Notas
Categoría:Liques Categoría:Fungos de Galicia