Joseph McDonnell, nado en Belfast o 14 de setembro de 1951 e finado na Prisión de Maze o 8 de xullo de 1981, foi un voluntario no Exército Republicano Irlandés Provisional (IRA) que morreu durante a folga de fame irlandesa de 1981.

Vida temperá Joe McDonnell naceu en Slate Street, en Falls Road, Belfast como quinto de oito nenos. Estudou nunha escola católica Romana próxima. Casou con Goretti en 1970, e mudouse á casa da súa irmá en Horn Drive na zona de Lenadoon. Esta casa, sendo unha dos dous fogares católicos nunha rúa maioritariamente protestante, foi atacada en múltiples ocasións antes de que fosen forzados a mudarse á casa da nai de Goretti.

Actividade no IRA McDonnell foi arrestado na Operación Demetrius, e xunto con Gerry Adams e outros era ingresado no barco prisión HMS Maidstone. Foi máis tarde transferido á prisión de HM Maze durante varios meses. A liberación uniuse á Brigada de Belfast do IRA Provisional. Coñeceu a Bobby Sands durante a preparación dun ataque cunha bomba incendiaria nun edificio de Balmoral Furnishing Company na cidade de Dunmurry. Durante o tiroteo entre o IRA e o Ulster Real Constabulary (RUC) e o exército británico, ambos os dous homes, xunto con Séamus Finucane e Seán Lavery, foron arrestados. McDonnell e o outros foron sentenciados a 14 anos en prisión por posesión dunha arma de fogo. Ningún dos homes recoñeceu nin aceptou a xurisdición do tribunal. Logo de ser sentenciando, foi regresado a HMP Maze e encarcerado no Bloque H5.

Folga de fame miniatura|Tumba de McDonnell e Bobby Sands no cemiterio de Milltown. McDonnell estivo de acordo cos obxectivos da folga de fame irlandesa, especialmente: o dereito de non levar un uniforme de prisión; o dereito de non ter que traballar na prisión; o dereito de libre asociación con outros prisioneiros; o dereito de organizar as súas propias instalacións educativas e lúdicas e o dereito a unha visita, unha carta e un paquete por semana.

A pesar de que McDonnell non participou na primeira folga de fame (1980), uniuse Bobby Sands e outros na segunda o ano seguinte. Durante a folga foi un candidato Anti-Bloque H (é dicir, partidario da folga) na elección xeral de 1981 na República de Irlanda, especificamente para a circunscrición electoral de Sligo–Leitrim, recibindo 5,639 votos e faltándolle só un escano por 315 votos. A súa folga de fame durou 61 días ata a súa morte o 8 de xullo de 1981. Tivo dous nenos. A súa muller Goretti, e filla Bernadette, apoiaron activamentes os folguistas.

McDonnell foi enterrado na tumba próxima á de Bobby Sands no cemiterio de Milltown. John Joe McGirl, axente electoral de McDonnell en Sligo–Leitrim, deu a oración no seu funeral. Citando Patrick Pearse, dixo o seguinte: "pode parecer o idiota que deu o seu todo, segundo os sabios do mundo; mais foron os idiotas aparentes os que cambiaron o curso da historia irlandesa".Beresford, David Ten Men Dead , p. 238

Acusacións En marzo de 2006, o antigo prisioneiro Richard O'Rawe alegou que tres días antes da morte de McDonnell, o goberno británico fixo unha oferta firme á de líderes do movemento na prisión o suficientemente sólida como para acabar a protesta. O'Rawe alega que mentres os líderes dentro da prisión estaban listos para aceptar a oferta e acabar a folga e, así, salvar as vidas de McDonnell e os outros que morreron despois del, os líderes de fóra da prisión ordenáronlles que continuasen.The Blanket Meets the Blanketmen Anthony McIntyre speaks with Richard O'Rawe by Anthony McIntyre, The Blanket, 16 de maio de 2006Véxase tamén O'Rawe speaking in RTÉ documentary "Hunger Strike" at 0:56

O comandante de IRA dentro de Longo Kesh nese entón, Brendan McFarlane, negou publicamente esta versión de acontecementos. Só un prisioneiro no mesmo pabillón no que estiveron O'Rawe e McFarlane, Anthony McIntyre, concordou coa versión dos acontecementos de O'Rawe en relación á folga de fame de 1981.

Conmemoración miniatura| Monumento conmemorativo ás mortes dos 22 folguistas irlandeses, no cemiterio de Glasnevin. McDonnell foi un dos 22 republicanos irlandeses (no século XX) que morreu nunha folga de fame. en republicansinnfein.org

Joe McDonnell é tamén conmemorado nunha canción de The Wolfe Tones titulada "Joe McDonnell". El e a súa familia son tamén nomeados na canción "A Father's Blessing" de the Irish Brigade, e é un dos 10 folguistas mencionados en "Roll of Honour".

Notas

Categoría:Nados en Belfast Categoría:Nados en 1951 Categoría:Membros do IRA Provisional Categoría:Finados en 1981