Pedro Froilaz (tamén escrito Pero, así como Froylaz ou Fróilaz), foi un nobre galego nado no século XI, conde de Traba (ou Trava), Trastámara, Galiza e señor doutras tenencias e castelos. Foi o máis importante partidario do conde de Galiza Raimundo de Borgoña, quen lle confiou a crianza do seu fillo Afonso Raimúndez. Na defensa dos dereitos sucesorios do neno enfrontouse á raíña Urraca, nai do infante, e ao seu esposo Afonso o Batallador. No ano 1111, cando Afonso só contaba seis anos de idade, coroouno xunto ao bispo Xelmírez como rei de Galiza na catedral de Santiago de Compostela. Nos anos posteriores guiouno e protexeuno até coroalo tamén en Toledo (1117) e León (1126). Finou no ano 1126 sendo sucedido nos seus títulos e posesións polo seu herdeiro Fernán Pérez de Traba, terceiro dos seus quince fillos. Foi soterrado no cemiterio da igrexa de Santiago e os seus restos consérvanse actualmente nun sartego no Panteón Real da Catedral.
Orixes familiares e patrimonio territorial esquerda|miniatura|Mosteiro de Xuvia na terra de Trasancos. Neste mosteiro foron sepultados, cando menos, os avós de Pedro Froilaz, Bermudo e Lupa, o seu pai Froila, e o seu irmán Rodrigo. Biografía cronolóxicaca. 1070 Data de nacemento descoñecida.Parte da súa infancia transcorre na corte leonesa de Afonso VI.1088 Casamento con Urraca Froilaz de Traba.1091 Falece seu pai Froila Bermúdez, ascendendo ao liderado do clan familiar.ca.1091 Vasalo de Raimundo de Borgoña "Totius Gallecie Princeps"1094 Expedición militar a Lisboa ás ordes do conde Raimundo de Borgoña.1095 Afonso VI divide o reino galego ao conceder a Henrique de Borgoña e á súa filla Tareixa o Condado Portucalense.1105 Casamento con dona Maior Rodríguez1105 Nacemento do príncipe Afonso Raimúndez. A súa crianza é confiada a Pedro Froilaz e á súa esposa.1107 Morte de Raimundo de Borgoña. Pedro Froilaz asume o goberno de Galiza.1107Xuramento de León: Pedro xura defender os dereitos ao trono do infante Afonso Raimúndez.ca. 1109Viaxa a Roma para defender diante do Papa a propiedade da súa familia do Mosteiro de Cis.1109 Proclamacion de Afonso Raimúndez como rei de Galiza.1111 Coroación de Afonso VII en Compostela. Pedro Froilaz mordomo maior.1111Batalla de Viadangos.1112 Campaña militar contra Afonso de Aragón. Asedio e acordo de Carrión.1113 Campaña militar contra Afonso de Aragón. Conquista de Burgos.1114 Pacto de amizade con Diego Xelmírez.1115 Pedro Froilaz leva o seu pupilo Afonso á fronteira almorábide onde se inicia unha campaña militar.1116 Afonso Raimúndez é ratificado como rei de Galiza en Compostela. Guerra entre os seus partidarios e os da súa nai Urraca.1116 Pedro e Tareixa de Portugal derrotan a Urraca en Sobroso.1116 Urraca cede ao seu fillo Afonso os reinos de Galiza e Toledo.1117 Afonso Raimundez é recibido como rei en Toledo a instancias de Pedro Froilaz.1121 Urraca invade Galiza. Pedro Froilaz e Xelmírez confrontan o seu exército no Pico Sacro.1123 Urraca encarcera a Pedro Froilaz, xunto á súa esposa e fillos.1126 Morte de Urraca I. Coroación de Afonso VII como rei en León.1126 Morte de Pedro Froilaz. Soterramento no cemiterio da Catedral de Compostela.
A familia paterna de Pedro Froilaz, os Petriz, aparece vinculada ao señorío da Terra de Trasancos desde, cando menos, o século X. Alí posuíron extensas posesións patrimoniais, entre elas o mosteiro e panteón familiar de San Martiño de Xuvia. Desde este espazo territorial inicial foron ampliando os seus señoríos ao longo dos anos mediante compras, permutas, doazóns rexias, pola presión sobre as comunidades campesiñas ou mediante alianzas matrimoniais. Unha delas, a dos pais do conde Pedro: Froila Petriz Bermúdez e Elvira Méndez de Faro, permitiu á familia incorporar aos seus dominios o Castelo de Aranga e diversas propiedades nas Terras de Faro.
A importancia da parentela propiciou que tamén algúns do irmáns de Pedro ocupasen lugares destacados na sociedade do seu tempo, como Gonzalo, o irmán máis vello, que chegou a ser bispo de Mondoñedo; Rodrigo, que herdou o señorío de Trasancos, foi almirante das costas galegas e alférez de Afonso VII; ou Munia, fundadora do mosteiro de Pedroso.
O matrimonio de Pedro Froilaz coa súa primeira esposa, Urraca Froilaz de Traba, herdeira de extensos señoríos nas bisbarras máis occidentais do reino, conformou un extenso dominio que abranguía desde o río Tambre até o río Sor e desde as terras de Aranga até o océano Atlántico, practicamente a extensión da actual provincia da Coruña. Este territorio foi denominado máis adiante Condado de Trastámara, sendo Pedro Froilaz o seu primeiro posuidor ("in Trastamar comite Petrus Froyle").
Mosteiros familiares Para garantir a continuidade indivisa do patrimonio familiar, a estratexia empregada pola aristocracia laica altomedieval era a creación de mosteiros familiares (“monasterios nostros”), estes cenobios permitían vincular grandes propiedades a unha determinada liñaxe. Os nobres, nunha doazón aparente, cedían os seus bens raíces aos mosteiros recibindo destes as rendas xeradas. No remate do contrato, tres xeracións e vinte e nove anos no caso galego, toda a propiedade revertía de novo no clan, ou no seu último membro supervivente (postremeiro), momento no que voltaban a aforarse as propiedades.
Unha mostra do importantísimo patrimonio herdado e ampliado polo conde Pedro é o feito de que sexa imposíbel estudar as fundacións e historia dos mosteiros de Monfero, Sobrado, Caaveiro, Moraime, Cambre, Cis, Toxosoutos, Bergondo, Xanrozo, Dormeá, Nogueirosa, Pedroso, Sabardes, Xuvia e outros, sen atopar continuadas referencias á súa familia.
Un incidente nun destes mosteiros, o Mosteiro de Cis, permite ilustrar o dominio nobiliar sobre eles e a relevancia do conde Pedro na súa época. No ano 1108, debido á política auspiciada por Roma de rematar cos mosteiros dúplices, o abade do mosteiro expulsou a comunidade feminina. Enterado o conde Pedro, expulsou á súa vez o abade do cenobio e dirixiuse a Roma onde foi recibido polo propio papa Pascual II quen tivo que recoñecer os seus dereitos sobre o cenobio.
Territorios e castelos miniatura|A unión das herdanzas territoriais de Pedro Froilaz e a súa primeira esposa Urraca Froilaz de Traba, conformou o territorio coñecido como Condado de Trastámara miniatura|Mosteiro de Cis, mosteiro familiar dos Froilaz-Traba. O conde Pedro tivo que acudir a Roma para defender diante de Pascual II os seus dereitos sobre o cenobio. O extenso patrimonio territorial do conde Pedro pode tamén ser analizado seguindo as mencións aos seus dominios na diplomatura conservada da súa época.
Castelo de Ferreira: no ano 1090 subscribe Pedro o seu primeiro documento rexio e faino como señor de Ferreira (dominator Ferrarie). No 1096 nunha doazón do conde Raimundo de Borgoña á Catedral de Mondoñedo confirma como "Petrus Froylaz comes de Ferraria". O castelo de Ferreira e a súa xurisdición son situados por algúns estudosos na zona de Coristanco, se ben o castelo non se acha identificado totalmente. A súa localización pode ser outra Ferreira, na comarca trasanquesa, dominio familiar do conde Pedro e no que contaba con propiedades ben documentadas, ou mesmo unha mudanza no nome do castelo de Penafiel próximo ao de San Xurxo. Bezoucos: no ano 1092 no Tombo de Caaveiro cítase a Bermudo Ataniz, administrador deste territorio baixo o señorío do conde Pedro: “Veremudus Ataniz, qui reget terram Bisaquis sub manun comi-te domnus Petrus”. Castelo de Traba: No ano 1098 aparece o conde Pedro na lista de confirmantes dun documento do Mosteiro de San Martiño Pinario: "Petrus Froila de Sancto Giorgio et de Traua conf.". O condado de Traba foi incorporado ao patrimonio do conde polo seu casamento con Urraca Froilaz, e co paso do tempo asociou o seu nome ao dos membros do seu grupo aristocrático. O castelo foi unha fortificación costeira que os estudosos sitúan na freguesía de Santiago de Traba en Laxe, acaso no alto da Torre da Moa. Castelo de San Xurxo: referenciado por primeira vez no 1098, no mesmo documento do Mosteiro de San Martiño que o de Traba, o castelo situábase na serra do Pindo. Foi reconstruído no século X polo bispo Sisnando para a defensa da costa galega e pertenceu inicialmente á igrexa de Iria-Compostela. En tempos de Raimundo de Borgoña foi deslindado deste dominio e confiado a Pedro Froilaz. Desde alí eran administradas as terras de Carnota, Céltigos e Montaos. Conde de Trastámara: No ano 1099 figura no Tombo de Caaveiro como señor das terras entre o Tambre e o Sor, isto é o condado de Trastámara: "terra Sancti Iacobi de finibus Tamar usque in finem Sauri, imperavit comite dompnus Petrus". Esta demarcación transmitida polo conde aos seus descendentes remataría co tempo por abranguer as demais. Cómpre considerar, no entanto, que segundo o historiador Pena Graña os documentos no cales aparece Pedro Froilaz como conde de Trastámara estarían interpolados e que sería, na realidade, o seu fillo Fernán Pérez de Traba o primeiro en empregar o título. Conde de Galiza: no 1104, o conde comeza a figurar nos documentos como conde de Galiza nos momentos de ausencia de Raimundo de Borgoña para asumir plenamento o título após a súa morte no ano 1107. Presaras - Sobrado: no 1109 o conde ostenta o dominio das terras de Sobrado: "dux domnus Petrus Froile, qui territorio citerio Superaddo imperanti", algúns autores estiman que este documento fai referencia ao anterior comisso altomedieval de Présaras e non ao propio mosteiro cisterciense de Sobrado. Castelo de Leiro: no ano 1112, a raíña Urraca, necesitada do apoio do conde Pedro na súa guerra con Afonso o Batallador, cedeulle o Castelo de Leiro na Terra de Nendos (Abegondo). Caamouco: o conde Pedro aparece no ano 1114 no Tombo de Caaveiro como: "Comes domnus Petrus in Calamouquo". Señorío de reguengo cuxa tenencia pasou trala súa morte ao seu fillo Bermudo.
A Historia Compostelá cita ademais outros dous castelos dentro do condado de Trastámara se ben non poden relacionarse directamente coa figura do conde:
Castelo da Espenuca: situado no monte da Espenuca no actual concello de Coirós, Terra de Nendos, figura en poder do seu fillo Rodrigo no ano 1130, catro despois do seu pasamento.
Castelo de Faro: situado no Monte Xalo, no actual concello de Culleredo. Foi probabelmente patrimonio rexio e da igrexa compostelá. A súa situación dentro dos dominios dos Froilaz foi causa de diversos enfrontamentos entre a familia e o bispo Xelmírez.
Traxectoria Descoñécese a data exacta do nacemento de Pedro Froilaz, sendo comunmente aceptado que esta debeu de producirse a finais do terceiro cuarto do século XI. O seu pai foi un dos máis importantes vasalos do rei García II, e loitou a carón del durante o conflito que o enfrontou aos seus irmáns Sancho e Afonso. Cando finalmente García foi capturado e despoxado do seu trono por Afonso, Froila aceptou o novo señor como rexente, non como rei lexítimo. É probábel que por causa da dubidosa fidelidade do seu pai ao novo monarca, Pedro Froilaz fose enviado como refén á corte leonesa, lugar onde pasou a súa infancia.
A súa primeira aparición nas fontes históricas data do ano 1086, momento no que confirma unha doazón do seu pai ao mosteiro familiar de Xuvia. Dous anos máis tarde Pedro casou con Urraca Froilaz, filla do conde Froila Arias de Traba, asumindo no ano 1091, data do falecemento do seu pai, a xefatura do clan familiar. O matrimonio con Urraca durou até o seu falecemento no ano 1102, casando de novo o conde tres anos máis tarde, esta vez coa nobre leonesa Maior Rodríguez, filla do conde Rodrigo Muñoz de Asturias. Raimundo de Borgoña: Totius Gallecie Princeps (ca. 1091-1107) miniatura|Representación do século XV de Raimundo de Borgoña. Pedro Froilaz aparece como un dos seus principais vasalos desde a súa chegada ao goberno do reino galego.