Aroa Fernández Lago, nada en Vigo o 27 de febreiro de 2005, é unha xogadora de balonmán galega. Xoga de lateral dereito no BM Porriño.

Traxectoria Formouse no BM Lavadores. En 2021 pasou ao CB Atlético Guardés, onde estivo dous anos na canteira e un no primeiro equipo. En 2024 fichou polo BM Porriño, onde estivo alternando entre o filial e o primeiro equipo, co cal chegou á final da EHF European Cup na tempada 2024-25.

Notas

Categoría:Xogadores do BM Porriño Categoría:Xogadores de balonmán de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 2005 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Xogadores do Atlético Guardés