Ramón Lorenzo Vázquez, nado en Eirapedriña (Ames) o 16 de setembro de 1935, é un estudoso da lingua galega e da prosa medieval, catedrático de Lingüística e Literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela dende 1981 e membro de número da Real Academia Galega.
Traxectoria A súa tese titulada Traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla recibiu o premio extraordinario de doutoramento e constitúe unha referencia inescusable para o estudo da lingua medieval galega e portuguesa. Non menos valiosa é a edición galega da Crónica troiana. O Consello da Cultura Galega publicou en 2019 Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices, dispoñible na Gallaeciae Monumenta Historica.
Por outra banda, formou parte do grupo literario Brais Pinto, canda Méndez Ferrín, Alexandre Cribeiro, Herminio Barreiro, Reimundo Patiño etc, e foi un dos impulsores da revista de creación poética Dorna.
En 1971 participou na fundación do Instituto da Lingua GalegaRamón Lorenzo: “O PP non fai galeguismo cordial, o que fai é atacar a lingua” , entrevista de Alberto Ramos, publicada orixinalmente no Xornal de Galicia, 26/5/2011., institución á que permanece vinculado.
Traduciu obras de literatura xuvenil, como O ponche dos desexos, de Michael Ende (xunto a Úrsula Heinze). Ingresou na Real Academia Galega o 7 de maio de 1999 coa lectura do discurso Reflexións crítico-eruditas e sentimentais sobre a lingua, respondido por Constantino García
Galardóns Galego egrexio pola Fundación dos Premios da Crítica Galicia (2009). Premio Trasalba 2011. Premio Brais Pinto 2013. Premio Lois Peña Novo 2010.
Vida persoal
.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas “Ningún país necesita o bilingüismo: o normal é unha lingua única” Galicia-Hoxe, 16/3/2009. "Entrevista ó profesor Ramón Lorenzo Vázquez" 27/6/2002, Vieiros. Ramón Lorenzo "A lingua das cantigas trobadorescas" Vieiros. Pequena biografía Biografía na Real Academia Galega
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Premio Trasalba Categoría:Nados en Ames Categoría:Nados en 1935 Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Lingüistas da lingua galega