Co nome de lagosta verde ou lagosta real coñécese unha variedade de lagosta, identificada como Panulirus regius (De Brito Capello, 1864), de menor calidade cá lagosta europea ou común (Palinurus elephas).
Descrición e hábitat É de tamaño menor cá lagosta común e cá lagosta moura (Palinurus mauritanicus), con talles habitualmente ó redor dos 35 cm. A casca é de cor verdosa a azul, cunha franxa transversal amarela nos segmentos abdominais, así como nas patas.
Habita no Atlántico norte africano, nas costas occidentais de África e das illas Canarias.
Sinonimia Tamén se denomina lagosta real. inglés: Royal spiny lobster francés: langouste royale alemán: Köningslanguste italiano: aragosta reale
Notas
Categoría:Crustáceos Categoría:Animais descritos en 1864 Categoría:Produtos da pesca