miniatura|O grupo de xira en Nova Orleans, 2018. De esquerda a dereita están: Murr, Joe, Q e Sal. Impractical Jokers (en España e Hispanoamérica Bromistas Improvisados) é unha serie estadounidense de cámara oculta emitida en Hispanoamérica por TruTV, e en España por Neox. Estreouse en TruTV o 15 de decembro de 2011 nos Estados Unidos.
Descrición
O grupo consta de catro amigos, Salvatore Vulcano (Sal), James Murray (Murr), Joseph Gatto (Joe) e Brian Quinn (Q), que traballan para a compañía The Tenderloins, onde se obrigan entre si a facerse bromas en público. Xeralmente, mentres un dos integrantes se humilla, os outros tres dinlle que facer e que dicir a través dun auricular oculto. Cada desafío ten unha meta, e quen non a logre, perde. Ademais, teñen outras dinámicas, como tentar facerse rir entre eles, ou intentar sabotarse uns aos outros.
Ao final, quen xunte máis derrotas debe facer un castigo que decidirán o resto de integrantes.
Elenco
Brian Quinn, alcumado como «Q». James Murray, alcumado como «Murr». Joseph Gatto, alcumado como «Joe». Salvatore Vulcano, alcumado como «Sal».
PersonaxeActor/ActrizDobraxe para HispanoaméricaDobraxe para EspañaMurrJames MurrayAriel CisterRicardo EscobarSalSalvatore VulcanoJavier GómezJuan Logar Jr.QBrian QuinnNicolás EpsteinFran JiménezJoeJoseph GattoDiego BrizziEduardo BoschNarrador -Javier CarboneGuillermo López
Impractical Jokers Movie
O 7 de marzo de 2018 anunciouse que se estaba preparando unha película de longametraxe de Impractical Jokers. Esta saíu á luz en 2020. Emisión internacional
En España estreouse o 23 de setembro de 2013 en Neox. Ademais, hai unha versión española chamada Sinvergüenzas, que transmitiuse por primeira vez o 25 de novembro de 2014. No Reino Unido estreouse por Internet vía YouTube. Tamén foi estreada en BBC Three en 2012 como piloto de The Comedy Kitchen.
En Holanda estreouse en primavera de 2012. En Bélxica estreouse en outono de 2012 por Vlaamse Media Maatschappij. En Hispanoamérica transmitiuse por TruTV, e actualmente está en Max. En Portugal transmítese por SIC Radical.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2011