Ismael Martínez González, nado en Cangas de Morrazo o 20 de xaneiro de 1983, é un ex xogador e adestrador de balonmán galego.

Traxectoria Xogou no BM Cangas do Morrazo entre 2000 e 2007, e despois de xogar no BM Ciudad de Puertollano na tempada 2007-2008 retirouse como xogador.

En 2012 comezou como preparador físico no BM Porriño, e entre 2013 e 2016 foi adestrador asistente. En 2016 comezou a adestrar o CB Atlético Guardés, e desde 2019 dirixe o BM Porriño. Ademais, adestrou a selección española universitaria e a selección júnior feminina.

Notas

Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1983 Categoría:Xogadores de balonmán de Galicia Categoría:Adestradores de balonmán