A Trabe de Ouro é unha revista galega de pensamento crítico, publicada por Sotelo Blanco Edicións desde 1990 con periodicidade trimestral.X. M. del Caño: ""A Trabe de Ouro", revista de pensamiento marxista con cien números publicados" Faro de Vigo, 8/5/2015 ."Chegar ao número cen, unha meta cumprida… pero continúa" 2015.
Nas súas páxinas hai artigos de análise sociopolítica e pensamento, textos literarios inéditos, crítica de libros, e actualidade cultural. O seu director é o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, e no seu Consello de Redacción aparecen profesores, novelistas, poetas e xornalistas de diferentes xeracións e intereses, como Xosé Manuel Beiras, Olegario Sotelo Blanco ou Antón Figueroa Lorenzana.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sotelo Blanco Edicións
Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Marxismo Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:Revistas españolas do século XXI