En matemáticas, a función erro (tamén chamada función erro de Gauss), denotada a miúdo por , é unha función definida como:

A integral aquí é unha integral de contorno complexa, que é independente do camiño porque é unha función holomorfa en todo o plano complexo . En moitas aplicacións, o argumento da función é un número real, e nese caso o valor da función tamén é real.

Nalgúns textos antigos, a función erro defínese sen o factor . Esta integral non elemental é unha función sigmoide que aparece con frecuencia en probabilidade, estatística e ecuacións diferenciais parciais.

En estatística, para valores reais non negativos de , a función erro ten a seguinte interpretación: para unha variábel aleatoria real que segue unha distribución normal con media 0 e desviación típica , é a probabilidade de que estea no intervalo .

Notas

Categoría:Funcións