Marcel Everett, nado o 31 de outubro de 1995, máis coñecido como XXYYXX, é un músico de música electrónica e produtor discográfico de Orlando, Florida, que anteriormente asinaba co selo Relief in Abstract.
O seu estilo é comparado co de Clams Casino, Zomby, Burial, James Blake e The Weeknd. As súas influencias musicais inclúen a Lapalux, Star Slinger, Disclosure e Shlohmo.
Traxectoria Everett lanzou a mixtape "Still Sound" en 2011. Ao ano seguinte, con 16 anos, lanzaría o seu álbum homónimo, que incluía o éxito "About You" e que lle deu protagonismo dentro da cultura musical indie a finais de 2013.
Everett fixo remixes para artistas como Tinashe e Usher. En 2014, creou a canción "What We Want" para o videoxogo Grand Theft Auto V. Esta canción incluíuse na banda sonora ampliada que formou parte do relanzamento do xogo para PC, Xbox One e PlayStation 4. Foi cabeza de cartel no San Francisco Noise Pop Festival en febreiro de 2013.
En 2015, Everett lanzou o sinxelo "Red", sobre o que comentou que "estaba a intentar expresar un sentimento, e conseguíno de xeito máis eficaz".
Pasou a maior parte de 2016 de xira polos Estados Unidos, tocando en festivais destacados como o Shambhala Festival, Beach Goth, Mysteryland e Ancient Future. Tamén apareceu no sinxelo de 2016 de Tory Lanez "Flex", incluído no seu álbum I Told You.
Artistas como Chance the Rapper e SZA utilizaron mostras dos temas de XXYYXX, e en 2017 Everett comezou a producir música unha vez máis.
Notas
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Produtores dos Estados Unidos de América Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América