Maria Dolors Torres Manzanera, coñecida como Maruja Torres, nada o 16 de marzo de 1943 en Barcelona, é unha xornalista e escritora catalá.
Traxectoria Nada no barrio barcelonés do Raval e de familia murciana, dedícase ó xornalismo desde os 21 anos, pese a non ter formación académica neste campo. Comezou no sector periodístico como secretaria de redacción no diario La Prensa, tras realizar un curso de taquigrafía e mecanografía. Máis adiante colaborou en diversas publicacións coma o semanario Garbo, a revista Fotogramase a revista Por Favor.
Anos despois trasládase a Madrid onde se incorpora ó equipo de El País, diario no que segue a colaborar na actualidade.
A súa primeira obra publicada foi ¡Oh es él! Viaje fantástico hacia Julio Iglesias (1986), un enfoque humorístico arredor do cantante. A esta seguirían outras entre as que destaca Mientras vivimos, novela pola que foi merecedora do Premio Planeta en 2000.
Obra ¡Oh es él! Viaje fantástico hacia Julio Iglesias (1986) Ceguera de amor (1991) Amor América: un viaje sentimental por América Latina (1993) Como una gota (artigos, 1995) La garrapata (conto pertencente ó libro Barcelona, un día,1998) Un calor tan cercano (1998) Mujer en guerra. Más másters da la vida (Biográfico, 1999) El velo y las lágrimas (conto pertencente a Mujeres al alba, 1999) Mientras vivimos (2000) XLIX Premio Planeta Hombres de lluvia (2004) La amante en guerra (2007) Esperadme en el cielo (2009) Fácil de matar, (2011) Sin entrañas, (2012) Diez veces siete, (2014)
Premios Premio Víctor de la Serna de periodismo concedido pola Asociación de la Prensa de Madrid (1986) Premio de Literatura Estranxeira por Un calor tan cercano (1998) XLIX Premio Planeta pola novela Mientras vivimos (2000) Premio Nadal pola novela Esperadme en el cielo (2009)
Véxase tamén Ligazóns externas Artículos de Maruja Torres
Categoría:Xornalistas de Cataluña Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Premio Nadal Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Premio Creu de Sant Jordi