A Liga dos cantantes extraordinarios é un programa musical emitido na TVG no que compiten cantantes de orquestra.
Características
Nas primeiras edicións participaban cantantes consolidados e consolidadas de famosas orquestras de Galicia, como Los Satélites, Panorama, París de Noia ou Olympus. Nas últimas edicións, en cambio, o programa deu un xiro e son cantantes sen tanta bagaxe profesional que aspiran a convertérense en "extraordinarios" e cada un/ha está apadriñado/a por unha das catro grandes orquestras xa nomeadas.
Nas últimas tempadas o programa foi presentado por María Mera.
Na quinta tempada (emitida en 2024) os participantes foron Alba López, Carlos Cereijo, Costas, Cristina Eiró, Iván Iglesias, Luis Febres, Tami Madoy e Yamohe. Os finalistas foron Alba López, Costas, Cristina Eiró e Yamohe. Ficou gañadora Alba.
Na sexta tempada (en emisión) están a participar Ángel Mosquera, Aroa, Iván, Jesús, Kelly, Lucía Moelle, Nerea Blanco e Yordanys. Notas
Categoría:Programas de entretemento da TVG