Manuel Ferreiro Fernández, nado en Saavedra (Begonte) o 8 de marzo de 1955, é un lingüista e escritor galego.
Traxectoria É licenciado (1978), graduado (1979) e doutor (1990) en Filoloxía Hispánica (Subs.: Filoloxía Galego-Portuguesa) pola Universidade de Santiago de Compostela. É catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, e é un recoñecido investigador da Lingüística Histórica e Historia da Lingua Galega, nas súas liñas de investigación tamén se inclúe a Ecdótica de textos antigos galegos (medievais, medios e decimonónicos) e a Crítica Textual galego/portuguesa.
Con anterioridade exercera durante varios anos a docencia como Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Bacharelato (IES de Elviña, na cidade da Coruña). miniatura|Manuel Ferreiro Fernández con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Anxo González Guerra, Manuel Castelao Mexuto, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando, Tareixa Roca Sánchez, María dos Anxos González Refoxo, Ramona Giráldez Domínguez, María Xosé Queizán Vilas, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal, César Morán Fraga. A Coruña, 09/09/2017 Foi director da colección Documenta das publicacións da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor da Universidade da Coruña. Así mesmo, é o director de GLOSSA, que constitúe o primeiro repertorio lexical dicionarizado, contextualizado e exhaustivo do corpus da lírica profana galego-portuguesa: cantigas de amor, cantigas de amigo e mais cantigas de escarnio e maldicir, para alén dalgúns textos doutros xéneros con menor representación. Dirixiu o proxecto Universo Cantigas, co fin de realizar a edición do corpus completo das cantigas medievais galego-portuguesas.
Traballou na edición definitiva do texto Himno Galego e foi chamado pola Comisión parlamentaria para a modificación do texto de Pondal.
Obra Monografías Pondal: Do dandysmo á loucura (Biografia e correspondéncia) (1991). Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. 304 pp. ISBN 84-87847-02-1. De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego (1996). Santiago de Compostela: Edicións Laiovento (1997, 2ª ed. revisada). 72 pp. ISBN 84-87847-97-8. 4ª edición revisada no 2007, 112 pp. ISBN 978-84-8487-132-0. Gramática Histórica Galega. Volume I. Fonética e Morfosintaxe (1995). Santiago de Compostela: Edicións Laiovento . 442 pp. ISBN 84-87847-67-6. Mmarzo de 1996, 2ª ed.; setembro de 1996, 3ª ed.; 1999, 4ª ed. ISBN 84-89896-43-7. Gramática Histórica Galega. Volume II. Lexicoloxía (1997). Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. 400 pp. ISBN 84-89896-07-0. O Himno Galego. Documentos Históricos (1890-1907) (2007). Universidade da Coruña/Universidade de Santiago de Compostela/Universidade de Vigo. 108 pp. ISBN 978-84-9749-271-3. Eduardo Pondal, o cantor do eido noso (2017). Santiago de Compostela: Laiovento. ISBN 84-8487-347-1.
Edicións críticas As cantigas de Rodrigu'Eanes de Vasconcelos. Edición crítica con introdución, notas e glosário, Santiago de Compostela (1992). Edicións Laiovento.. 136 pp. ISBN 84-87847-14-5. Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume I: Queixumes dos Pinos. Ed. de... (1955). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.Introdución (LXXXIX pp.) + Textos e Variantes (192 pp.) + Notas críticas (134 pp.)] ISBN 84-7824-144-2. Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume II: Poemas Impresos. Ed. de... (2001). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.Introdución (XIV pp.) + Textos e Variantes (120 pp.) + Notas críticas (214 pp.) ISBN 84-7824-144-2. Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Volume III: Poemas Manuscritos. Ed. de ... (2002). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.Introdución (XXII pp.) + Textos e Variantes (251 pp.) + Notas críticas (344 pp.) ISBN 84-7824-406-9. Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Vol. IV: Os Eoas. Ed. de... (2005). Santiago: Sotelo Blanco. Correspondencia entre Manuel María e Xosé Neira Vilas(1957-1997) (2021). Con Xosé Ramón Freixeiro Mato. Casa Museo Manuel María. ISBN 978-84-945714-8-0. Manuel María e Portugal: Cartas de alén do Miño (1960-2004) (2026). Fundación Manuel María. 732 páxs. ISBN 9791399009347. Edición de Xosé Ramón Freixeiro e Manuel Ferreiro.
Obras colectivas A nosa literatura: unha interpretación para hoxe, 1982, AS-PG. Catecismo do labrego, de Valentín Lamas Carvajal, 1987, edición de Manuel Ferreiro, Xosé María Dobarro e Carlos Paulo Martínez Pereiro, Vía Láctea (64 pp.). Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, 1987, edición de Manuel Ferreiro, Xosé María Dobarro e Carlos Paulo Martínez Pereiro, A Coruña, Vía Láctea (110 pp.). Luís de Camões: Doce Canto em Terra Alheia? Apêndice: Camões em Terra Alheia (Presenças Camonianas na Lírica Galega), 1994/1998. Selecção, introdução, notas e apêndice de..., Santiago de Compostela, Edicións Laiovento (236 pp.) ISBN 84-87847-41-2 (1998, 2ª ed. revisada [ISBN 84-89896-37-2]) (en colaboración con Carlos Paulo Martínez Pereiro e Francisco Salinas Portugal). Historia da Literatura Galega. Cantiga de Amigo, 1996, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (250 pp.) ISBN 84-921126-4-6 (en colaboración con C. P. Martínez Pereiro). Historia da Literatura Galega. Cantiga de Amor, 1996, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (253 pp.) ISBN 84-921126-7-0 (en colaboración con C. P. Martínez Pereiro). Historia da Literatura Galega. Cantiga de Escarnio e de mal dizer, 1996, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (281 pp.) ISBN 84-921126-6-2 (en colaboración con C. P. Martínez Pereiro). Historia da Literatura Galega. Cantigas de Santa Maria, 1996, Vigo, AS-PG/A Nosa Terra (240 pp.) ISBN 84-921126-8-9 (en colaboración con C. P. Martínez Pereiro). Castelao na Galiza do século XX. Actas do Simposio, 1999, AS-PG/Universidade da Coruña. Coeditor con Xosé Ramón Freixeiro Mato. Cabanillas, Ramón: A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera, 2002, A Coruña, Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor'. Introdución (77 pp.) + Texto crítico (44 pp.) + Apéndice (70 pp.). ISBN 84-9749-035-5 (en colaboración con Goretti Sanmartín). González, Cándido A.: ¡Mal Ollo!... Comedia de ambente mariñeiro, 2004. Estudo, edición e notas de M. Ferreiro, Xan Fraga e Laura Tato, A Coruña, Biblioteca-Arquivo Teatral ‘Francisco Pillado Mayor’. Manteiga, Luís: Intres (1934-1935). 2005, Ed. e estudo lingüístico de M. Ferreiro. Estudo literario de Laura Tato Fontaíña, Ediciós do Castro, Sada-A Coruña. Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa/Guidelines for the Edition of Medieval Galician-Portuguese Troubadour Poetry, 2007. Edición de Manuel Ferreiro, C. P. Martínez Pereiro e Laura Tato Fontaíña, Universidade da Coruña. Servizo de Publicacións (68 pp.) ISBN 978-84-9749-247-8. O Himno. Historia, texto e música, en Barreiro Fernández, X. R./Villares, R. (editores): Símbolos de Galicia, 2007, Consello da Cultura Galega/Real Academia Galega, pp. 105–192 ISBN 978-84-96530-46-I (en colaboración con Fernando López-Acuña). A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza, 2008. Edición de Manuel Ferreiro, C. P. Martínez Pereiro e Laura Tato Fontaíña, Baía Edicións (214 pp.) ISBN 978-84-96893-65-8. Sobre o racismo lingüístico, 2009, Laiovento. Modelos de lingua e compromiso, 2014, Baía. ISBN 978-84-9995-149-2. Os trobadores da terra de Betanzos (2023). Con Leticia Eirín e Teresa López. Biblos. ISBN 978-84-15086-55-0. Universo cantigas (Coord.) (2025). UDC. 911 páxs. ISBN 978-84-9749-892-0.
Premios de investigación XXI Premio Antón Losada Diéguez de Investigación pola obra Pondal, Eduardo: Poesía Galega Completa. Vol. IV: Os Eoas (2006). IX Premio de Investigación 'Concepción Arenal' de Humanidades 2014 polo proxecto Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa (2014).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Currículo do autor na páxina da UDC. na Biblioteca Virtual Galega.
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Nados en Begonte Categoría:Nados en 1955 Categoría:Catedráticos da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Enciclopedistas de Galicia