Froilán Arias Escobar, nado na Quintá (Pousada, Baleira) en 1886 e falecido no mesmo lugar o 28 de decembro de 1966, foi un avogado e político galego.
Traxectoria En 1931 foi presidente da Organización Republicana Gallega Autónoma en Baleira. No exercicio da avogacía tamén foi xuíz municipal en dito concello, e presidente da xunta municipal do censo electoral en 1936. Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi multado pola Dirección de Orden Público con 1 500 pesetas por faltar a unha manifestación patriótica. No 1941 incoáronlle expediente de responsabilidades políticas acusado de facer propaganda pola Fronte Popular. Finou na Quintá o 28 de decembro de 1966 con 80 anos.Necrolóxica en El Progreso, 29-12-1966, p. 3.
Vida persoal Estivo casado e foi pai de Antonio Arias Dorado.
Notas
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Baleira
Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1966