1987 (MCMLXXXVII) foi un ano común comezado en xoves no calendario gregoriano. Foi o Ano do Coello no horóscopo chinés. Foi declarado Ano Internacional da Vivenda para as Persoas sen Fogar pola Organización das Nacións Unidas.
Acontecementos
13 de abril - Portugal e a República Popular da China asinan un acordo para a devolución de Macau en 1999. 11 de maio - Primeiro transplante de corazón e pulmón, en Baltimore, Maryland, Estados Unidos. 4 de xullo - Unha corte en Lión sentenza ao nazi Klaus Barbie á prisión perpetua. 23 de outubro - O Consello de Europa declara Primeiro Itinerario Cultural Europeo ó Camiño de Santiago. 5 de decembro - O cargueiro Cason, con 1.100 toneladas de produtos tóxicos, sofre un accidente nas costas de Fisterra. 8 de decembro - Conflito Israel-Palestina: comeza a primeira Intifada na Cisxordania e na Franxa de Gaza. 20 de decembro - O buque Doña Paz afúndese após chocar contra un petroleiro, ocasionando 4.341 vítimas mortais, facendo desta traxedia a maior catástrofe marítima en tempo de paz.
Nacementos 9 de xaneiro - Pablo Santos, actor mexicano. 20 de xaneiro - Marco Simoncelli, piloto de motociclismo italiano (m. 2011). 7 de febreiro - Kerli, pianista e cantante estoniana. 24 de febreiro - Gonzalo Hermo, poeta galego. 22 de xuño - Lee Min Ho, actor de Corea do Sur. 24 de xuño - Lionel Messi, futbolista arxentino. 29 de xuño - Ana Free, cantautora portuguesa. 14 de agosto - Sera Tikotikovatu, actriz fidxiana de televisión. 15 de novembro - Alicia Fernández Rodríguez, poeta galega. 31 de decembro - Berta Dávila, escritora galega.
Mortes 13 de xaneiro - Elvira Ríos, cantante mexicana. 16 de xaneiro - Dámaso Carrasco Duaso, político galego (n. 1907). 12 de febreiro - Ángel Barja, compositor galego. 14 de febreiro - Olimpia Valencia, médica galega (n. 1898). 22 de febreiro - Andy Warhol, artista e escritor estadounidense (n. 1928). 2 de marzo - Randolph Scott, actor estadounidense (n. 1898). 19 de marzo - Louis de Broglie, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1892). 11 de abril - Primo Levi, escritor italiano (n. 1919). 14 de maio - Rita Hayworth, actriz estadounidense (n. 1918). 14 de maio - Florencio Delgado Gurriarán escritor galego (n. 1903). 17 de maio - Gunnar Myrdal, economista sueco, Premio Nobel de Economía (n. 1898). 19 de maio - Valentín Paz-Andrade, político e escritor galego (n. 1898). 27 de maio - John Howard Northrop, químico estadounidense, Premio Nobel (n. 1891). 2 de xuño - Andrés Segovia, guitarrista estadounidense (n. 1893). 13 de xuño - Geraldine Page, actor estadounidense (n. 1924). 22 de xuño - Fred Astaire, actor e danzarino estadounidense (n. 1899). 24 de xullo - Luís Cortiñas Díaz, avogado e político galego (n. 1900). 17 de agosto - Rudolf Hess, oficial nazi alemán (n. 1894). 26 de agosto - Georg Wittig, químico estadounidense, Premio Nobel (n. 1897).
28 de agosto - John Huston, actor estadounidense (n. 1906). 29 de agosto - Lee Marvin, actor estadounidense (n. 1924).
6 de setembro - José Benito Abraira, galeguista da Arxentina (n. 1904). 11 de setembro - Peter Tosh, cantante e compositor xamaicano (n. 1944).
20 de setembro - Rafael Salgado Torres, político galego (n. 1914). 22 de setembro - Victoria Kent, política republicana (n. 1898). 2 de outubro - Peter Medawar, científico británico, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1915). 3 de outubro - Jean Anouilh, dramaturgo francés (n. 1910). 3 de outubro - Dictinio de Castillo, poeta e profesor galego (n. 1906). 9 de outubro - William Parry Murphy, médico estadounidense, Premio Nobel (n. 1892). 13 de outubro - Walter Houser Brattain, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1902). 15 de outubro - José Rogelio Otero Espasandín, poeta e científico galego (n. 1900). 15 de outubro - Thomas Sankara, político e revolucionario burquinés (n. 1949). 20 de outubro - Andrei Nikolaevich Kolmogorov, matemático ruso. 31 de outubro - Joseph Campbell, antropólogo estadounidense (n. 1904). 1 de novembro - Xosemaría Pérez Parallé, mestre e escritor galego (n. 1909). 18 de novembro - Jacques Anquetil, ciclista francés. 2 de decembro - Luis Federico Leloir, químico arxentino, Premio Nobel (n. 1906) 5 de decembro - Ramiro Isla Couto, empresario galeguista.
Premios Nobel Física: J. Georg Bednorz e Karl Alexander Müller Química: Donald J. Cram, Jean-Marie Lehn e Charles J. Pedersen Fisioloxía ou Medicina: Susumu Tonegawa Literatura: Joseph Brodsky Paz: Óscar Arias Sánchez Economía: Robert Solow
Día das Letras Galegas dedicado a: Francisca Herrera Garrido (1869-1950)
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1987