A Compañía Española de Alumbrado de Gas foi unha empresa creada na Habana en 1844 polo banqueiro de Nova Orleáns, James Robb, e o comerciante cubano, Miguel de Silva, os dous directamente relacionados coa antiga raíña rexente María Cristina de Borbón.
Historia
O 3 de xullo de 1844 o concello da Habana asinou un contrato con Antonio Juan Parejo, director e socio da Compañía, para en seis anos concluír a iluminación da cidade, construír e explotar unha planta para a manufactura de gas de carbón e instalar tubaxes nas rúas e distribuír o gas para a iluminación pública e privada. A partir deste seis anos, a duración da contrata sería de vinte anos máis. Aprobouse esta concesión por Real Orde de 3 de novembro de 1845 para abastecer exclusivamente de gas a capital e as cidades de Matanzas e Santiago de Cuba. A compañía construíu o seu depósito e gasómetro en Tallapiedra.
En 1927 unificáronse varias empresas, entre elas a Havana Electric Rail Way e a Light&PowerCompany, para conformar o que se coñece como a Compañía Cubana de Electricidade, que dominou o negocio até o triunfo da Revolución.
Notas
Categoría:Empresas de Cuba Categoría:A Habana