Afonso IV de León e Galiza (falecido en 933), cognominado o Monxe, foi rei de toda Galiza altomedievalQue parte da historiografía actual prefire dividir en Reino de Galiza e reino de León. de 925 a 931.

Traxectoria Fillo máis vello de Ordoño II de Galiza, non ascendeu ao trono por morte do pai en 924, tendo a Ordoño sucedido o tío Froila II; coa morte deste no ano seguinte, sendo Afonso o descendente máis vello de entre os fillos de Ordoño e Froila, tornouse rei na cidade de León. Trala morte do seu irmán Sancho Ordóñez, Afonso IV pasou a actuar como rei de toda Galiza, desde a sede de León. Nesas condicións sería difícil asegurar a gobernación, tendo resignado en favor do seu irmán Ramiro II, e entrado de seguida nun mosteiro. Inconstante, porén, no seu carácter, tomou armas co fillo de Froila (Afonso Froilaz) contra Ramiro, tendo suspendido a súa renuncia ao trono, por un lado, e a vida monástica por outro. Ramiro derrotouno, mandouno cegar e colocouno baixo prisón no mosteiro de Sahagún, onde viría a falecer en 933. Ordoño IV, futuro rei de Galiza era seu fillo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de reis de Galicia Lista de reis de León

Categoría:Reis de León Categoría:Reis de Galicia Categoría:Finados en 933 Categoría:Persoas cegas Categoría:Nados en ano descoñecido