Marta Ortega Pérez, nada en Vigo o 10 de xaneiro de 1984, é unha empresaria galega, presidenta do grupo Inditex dende 2022.
Traxectoria profesional Filla de Amancio Ortega, estudou Empresariais na Universidade da Coruña e completouno con estudos na European Business School de Londres. En 2006 foi designada vicepresidenta das sociedades Gartler e Partler, que controlan o 50,01% e o 9,3% do grupo téxtil Inditex. O presidente desas dúas firmas é o seu pai.
Vida persoal Grande afeccionada á equitación, ten competido en probas de carácter internacional. Estivo casada co tamén xinete internacional español Sergio Álvarez Moya, do que se separou en 2014. Teñen un fillo chamado Amancio, nado na Coruña o 5 de marzo de 2013. Anteriormente fora o seu mozo o tamén xinete Gonzalo Testa.Amor, imperio y boda de Marta Ortega, El País, 4/2/2012.
Notas
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Inditex Categoría:Empresarios do sector téxtil Categoría:Xinetes e amazonas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1983 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes