Lope Gómez de Marzoa natural de San Martiño de Marzoa, no actual concello de Oroso, nado cara a 1440 e finado en 1501, foi o principal precursor do que na actualidade é a Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria Pouco se sabe da súa vida. Casado con Maior Fernández Varela foi notario, rexedor de Santiago e recadador das rendas reais nos bispados de Lugo, Mondoñedo e Tui. Sábese que rexentaba a súa notaría por medio de excusadores.

No ano de 1495 fundou, xunto co veciño mosteiro de San Martiño Pinario, no Convento de San Paio de Antealtares un Colexio para estudantes pobres, que tivo unha efémera vida, ata mediados do ano 1499.

De novo no ano 1501 fundou xunto con Diego de Muros II e Diego de Muros III un Estudio Xeral, coñecido como Estudio Vello, que tivo continuidade ata que no ano 1542 se refundiu co Colexio Novo ou Colexio de Santiago Alfeo, promovido polo Arcebispo Alonso III de Fonseca.

Descoñécese a data da súa morte, pero debeu ocorrer no ano 1501, data a partir da cal se perden as referencias sobre a súa persoa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

, Damián. "Lope Gómez de Marzoa" Diccionario Biográfico Español. Real Academia de la Historia.

Gomez de Marzoa Categoría:Nados en Oroso Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1501 Categoría:Historia moderna de Galicia