Cuenca é unha cidade de España, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha. É a capital da provincia de Cuenca e está situada na confluencia dos ríos Xúcar e Huécar, que forman profundos canóns. En 2008 a súa poboación era de 54.600 habitantes, sendo a sexta cidade de Castela-A Mancha.

Xeografía A cidade divídese en dúas zonas ben diferenciadas: a cidade antiga, situada sobre un cerro rochoso bordeado polas fouces do río Xúcar ao Norte e o seu afluente o río Huécar ao sur, desembocando este último no primeiro na parte baixa da cidade antiga, pouco antes do chamado Ponte de San Antón. Ao oeste e sur da cidade antiga, e separada polo río Huécar, esténdese a cidade nova en dirección norte-sur. A altitude da cidade oscila entre os 920 metros da cidade nova e os pouco máis de 1.000 da parte máis alta da cidade antiga.

Clima esquerda|250px|Climograma de Cuenca. O clima de Cuenca é mediterráneo continental, con temperaturas frías no inverno e suaves no verán, cunha importante oscilación térmica diaria durante todo o ano, máis acusada nos meses de máis calor. As precipitacións son máis abundantes que na súa contorna debida á orografía montañosa da Serranía de Cuenca, polo que se superan os 500 mm. presentando un mínimo de choivas nos meses de verán.

+ Observatorio de CuencaRexistros históricos da estación de Cuenca (1971-2000) Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) . 1971?2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec TOTAL Temp. máxima (°C)9,411,414,215,720,125,930,730,325,518,613,110,018,8 Temp. mínima (°C)-0,70,21,73,97,611,714,714,811,36,82,70,76,3 Precipitacións (mm) 454132566044151737534958507

As marcas de temperatura rexistrados no Observatorio de Cuenca son os 39,6° do 30 de xullo de 1981 e os -17,8° do 3 de xaneiro de 1971.

Historia Non se coñece con precisión a orixe histórica da cidade. No século IX existía unha fortaleza árabe, denominada Conca, e dependente do emirato de Valencia, xa na época dos reinos taifas, e que, posteriormente pasou ao poder do rei sevillano Al-Maramit. Logo caeu dentro do dominio almorábide. Foi tomada por Afonso VIII en 1177. Foi Afonso X quen concedeu o título de cidade a Cuenca.

Durante a Guerra de Independencia española foi asediada e saqueada polas tropas francesas; sorte que tamén correu durante a Terceira Guerra Carlista en 1874.

Lugares de interese A parte amurallada de Cuenca foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Cabe destacar entre os monumentos desta cidade: Catedral; Casas Colgadas, nunha das súas casas ten a súa sede o Museo de Arte Abstracta Española; Ermida da Virxe das Angustias; A ponte de San Pablo desde onde se poden ollar ben as Casas Colgadas, xunto ao Parador de Turismo de Cuenca.

Entre os varios edificios relixiosos destacan o Seminario, a igrexa de San Pedro, as ruínas da Igrexa de San Pantaleón, as ruínas do castelo co Arco de Bezudo, o convento de San Paulo -hoxe Parador nacional-, a igrexa da Santa Cruz, a igrexa de San Felipe Neri, a igrexa de San Andrés, a igrexa do Salvador, a igrexa de San Antón e a igrexa de San Nicolás.

Festas Festas de San Mateo, do 18 ao 21 de setembro (declarada de interese turístico rexional). Son as festas que rememoran a conquista de Cuenca por Afonso VIII de Castela. Nestes días as penas enchen as rúas de casco antigo da cidade de colorido, música e a tradicional "zurra", unha bebida feita a base de viño, froitas e outros segredos. Tamén corren vaquillas na Praza Maior. Semana Santa de Cuenca, declarada de Interese Turístico Internacional. Feira e festas de San Xián, a finais de agosto.

Cidades irmás A cidade de Cuenca está irmandada cas seguintes cidades: Cuenca L'Aquila Ronda Paju

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Concello de Cuenca

Categoría:Cidades Patrimonio da Humanidade Categoría:Patrimonio da Humanidade en Castela-A Mancha