Alejandro Outeiriño Rodríguez, nado en Ourense o 6 de agosto de 1906 e finado na mesma cidade o 25 de abril de 1996, foi un xornalista galego.
Traxectoria
Copropietario e director xunto co seu irmán Ricardo do xornal La Región entre 1932 e 1968. Despois foi presidente de honra de La Región.
Recoñecementos Encomenda do Mérito Civil. Medalla Castelao 1992. Fillo predilecto de Ourense. Unha rúa de Ourense leva o seu nome. Vida persoal
Casou con Rocío Rodríguez Fernández e foi pai de catro fillos: Maribel, Belén, Ana María e José Luis Outeiriño Rodríguez. Notas
Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1996