Manuel Cid López, nado en Ourense o 24 de xaneiro de 1905 e finado en Pontevedra o 29 de xuño de 1991, foi un avogado galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Cid Rodríguez, xoieiro, e Adela López. Era irmán de María Cid López, inspectora de primeira ensinanza, e Cándido Cid López, avogado. Estaba emparentado con Cándido Cid Rodríguez, procurador eclesiástico, anotador e recopilador das notas de Arteaga sobre a catedral de Ourense, e correspondiente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

En 1926 converteuse en avogado do Estado, e foi destinado o mesmo ano ás delegacións de facenda de Pontevedra e Ourense, respectivamente; en 1929, a Santiago de Compostela, e en 1933, á asesoría xurídica da reforma agraria en Madrid. En 1929 foi nomeado presidente dos comités paritarios de Ourense de comercio en xeral, comercio da alimentación e despachos, oficinas e banca. En xaneiro de 1936 foi nomeado asesor xurídico do Banco Exterior de España. En 1942 era secretario xeral do consello de administración da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

De conviccións republicanas e ideas liberais e/ou socialistas, en 1932 publicou a novela La Segunda República, prologada por Basilio Álvarez, na que narra as vivencias de Armando Ferráiz, trasunto do propio autor, desde a ditadura de Primo de Rivera ata a chegada da Segunda República. A obra recibiu críticas favorables, aínda que lle custou unha agresión física por parte do deputado a Cortes e alcalde de Pontevedra Bibiano Fernández Osorio-Tafall e, ademais, foi duramente atacada desde as páxinas do diario Galicia.

Ao longo da súa carreira pronunciou conferencias na Real Academia de Xurisprudencia sobre temas tales como as entidades paraestatais ou a muller ante a reforma do dereito. Finou en Pontevedra o 29 de xuño de 1991.Necrolóxica en ABC, 30-06-1991, p. 131.

Recoñecementos En 1975 recibiu a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.

Vida persoal Casou con Isabel Martínez Pazos en Marín en 1933 e tiveron sete fillos: Manuel, Pilar, Isabel, Adela, Manuel, José Luis, Jesús e Teresa Cid Martínez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1905 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 1991