María López Quiroga, coñecida como María Quiroga, nada en Lugo en 1992, é unha médica e escritora galega.
Traxectoria Foi seleccionada para cursar o bacharelato en Gales nun dos Colexios do Mundo Unidos (UWC).Maria López Quiroga e os "Colexios do Mundo Unido" II Graduada en Neurociencia pola Universidade de Edimburgo e en Medicina pola Universidade Complutense de Madrid. En 2015 coa colaboración do artista Chris Lloyd e unha Bolsa de Innovación da Universidade de Edimburgo presentou en Oviedo a súa primeira mostra de grabados Atlas de la geografía cognitiva. Fixo unha residencia na Fundación Antonio Gala e outra na Cidade da Cultura, dirixida por Javier Peña.
Desde 2021 vive en Xenebra (Suíza), onde traballa como psiquiatra nunha prisión:
En 2025 gañou o premio de narrativa Illa Nova con Perder o norte, «Unha novela cun estilo moderno que dialoga co xénero dramático para tratar asuntos de actualidade como a saúde mental ou a dor. A historia afonda na relación íntima das personaxes protagonistas e, a través delas, esculca nese sentimento ata a emoción», segundo o xurado.
Obra Perder o norte (2025). Vigo: Galaxia. 214 páxs. ISBN 978-84-1176-528-2. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha da autora en Galaxia
Biografía na Fundación Antonio Gala
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1992 Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid