Aabenraa, en danés Åbenrå, é o nome que recibe unha cidade dinamarquesa de 22 000 habitantes, capital do condado de Xutlandia do Sur na rexión de Nordslevig, situada no fiorde do mesmo nome. Literalmente, o seu nome significa "costa aberta", a forma dialectal propia é Affenrå. A cidade é un importante centro cultural da minoría alemá de Dinamarca. O xornal Der Nordschleswiger edítase aquí.
Historia Fundada en 1240, no 1335 o Duque de Valdemar concedeulle o título de cidade. En 1250 constrúese a Igrexa de San Nicolau. En 1864 foi anexionada por Prusia, onde permaneceu ata 1920.
Economía O que primeiro foi unha pequena cidade de mariñeiros medrou ata se converter nun importante centro pesqueiro no XVIII e XIX, sendo actualmente o 7º porto pesqueiro de Dinamarca. Ademais é o centro comercial dunha rica rexión agrícola.
Demografía Evolución da poboación:
1980 - 21 172 1985 - 21 227 1990 - 21 463 1995 - 21 894 1999 - 22 050 2000 - 22 020 2003 - 21 979
Véxase tamén
Ligazóns externas Concello de Aabenraa Museo de Aabenraa Ximnasio alemán Der Nordschleswiger, xornal en alemán
Categoría:Cidades de Dinamarca