O río Teira (en castelán río Tera) é un afluente do río Esla pola beira dereita e, polo tanto, subafluente río Douro .

O seu percorrido de 153 km transcorre enteiramente na provincia de Zamora; a superficie da súa cunca hidrográfica abrangue un total de 2.415 km².

O Teira nace nos contrafortes orientais de Pena Trevinca, na paraxe denominada Veiga de Teira, un antigo circo glaciar. O curso alto do río baña a comarca de Seabra, onde atravesa a lagúa glaciar de Seabra e a cabeza comarcal, Pobra de Seabra. Logo de discorrer en sentido norte-sur, pouco despois desta localidade xira e segue en sentido oeste-leste até unirse ao río Esla a unha ducia de quilómetros ao sur de Benavente.

O afluente máis importante é o río Negro, que lle amece as súas augas pola marxe esquerda. O río Castro é o máis importante pola dereita.

Notas

Categoría:Ríos de Castela e León Categoría:Afluentes do Esla Categoría:Bisbarra de Seabra Categoría:Provincia de Zamora