Seabra (na variante galega das Portelas: Xabra, en castelán: Sanabria, en leonés: Senabria) é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da provincia de Zamora. O xentilicio é «».

Localízase entre as serras de La Culebra, Segundeira e da Cabreira (Cabreira Baixa). Linda polo oeste coa provincia de Ourense (Galicia), polo norte coa comarca leonesa de Cabreira, polo leste coa comarca zamorana de La Carballeda e polo sur co distrito portugués de Braganza.

Na maior parte do territorio falouse leonés, malia que na actualidade a lingua ten pouca vitalidade na área. Na zona occidental, chamada As Portelas, comprendida entre a Portela da Canda e a Portela do Padornelo, fálase galego con bastante vitalidade, pero cunha poboación vella e en franca diminución. Tamén se fala galego nos concellos de Lubián, Pías e Porto, así como na vila de Calabor, no concello de Pedralba de la Pradería.

Historia miniatura|Comarcas leonesas onde se fala asturiano. Seabra estivo habitada por tribos ástures, do que perduran aínda castros. O nome, Senabriga, xa está rexistrado en documentación da Alta Idade Media, do cal deriva o actual Seabra. Amosa o elemento céltigo -briga "fortificación", que debeu designar algún castro concreto.

En 921 construíuse o mosteiro de San Martín de Castañeda, ou Castañeira, como se denominou na súa orixe, talvez por monxes mozárabes. En 952 o rei Ordoño III deulles os dereitos de pesca sobre o lago de Seabra. En 1103 o rei Afonso IX concedeu o Foro da Seabra. O dominio de dito mosteiro foi moi relevante na comarca ata inicios do século XIX.

Pertenceu ao Reino de Galicia polo menos ata o século XVI, cando formaba parte do ducado de Benavente.

Logo da Guerra de Independencia de Portugal, no século XVII, ficou incorporada á comarca a localidade de Hermisende, anteriormente portuguesa, onde se fala galego.Xavier Frías, "Sobre os bloques dialectais do galego: unha nova proposta. Revista de Filología Románica, núm. 14.

Concellos Asturianos Cobreros Galende Hermisende Lubián Palacios de Sanabria Pedralba de la Pradería Pías Pobra de Seabra Porto Requeixo Robleda-Cervantes Rosinos de la Requejada San Justo Trefacio

Notas

Véxase tamén Outros artigos As Portelas Lago de Seabra Lenda do Lago de Seabra Mosteiro de San Martín de Castañeda

Categoría:Comarcas da provincia de Zamora Categoría:Xeografía da provincia de Zamora Categoría:Bisbarra de Seabra