Francisco Cadaval Ayaso, máis coñecido por Quico Cadaval, nado en Ribeira o 27 de marzo de 1960, é un actor, director, adaptador teatral e o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia na década dos noventa.
Traxectoria Aprendeu a contar contos dende moi neno grazas a unhas vellas que se encargaron de transmitirlle historias, e tamén grazas ás persoas, da máis variada índole, que pasaban pola taberna de súa nai. Comezou na interpretación teatral a finais dos setenta no Centro Dramático Galego, e xa nos oitenta fundou a súa propia compañía: "O Moucho Clerc"https://culturagalega.gal/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=407. Traballou en diferentes producións da TVG, así como en curtametraxes e longametraxes, e recibiu diferentes premios polo seu traballo no teatro. Foi profesor de interpretación da Operación Triunfo portuguesa no ano 2003.
En 2011 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Escénicas que outorga a Xunta de Galicia.
Traballos miniatura|dereita
O rei nu (Edicións Talía, 1995). En colaboración con Cándido Pazó. Matías, juez de línea (1995). Actor. Cabeza de boi (1996). Actor. Amor Serrano (1999). Actor. Apaga a luz (1999). Guionista. A rosa de pedra (1999). Actor. Entre bateas (2001). Actor. A miña sogra e mais eu (2004). Dirección. Máxima audiencia (2004). Actor. O ano da cometa (2004). Dirección dramática do texto de Álvaro Cunqueiro para o Centro Dramático Galego. As dunas (2009). Dirección do texto dramático de Manuel Lourenzo para o Centro Dramático Galego. Shakespeare para ignorantes. Dirección e interpretación (xunto a Mofa e Befa) de peza teatral. Un cranio furado (2010). Dirección do texto dramático de Martin McDonagh. A ópera dos tres reás (2011). Dirección da peza de Bertolt Brecht e Kurt Weill para o Centro Dramático Galego. Galicia Caníbal (2012) Dirección. Románticos. Dirección e interpretación (xunto a Mofa e Befa) de peza teatral.
Categoría:Actores de Ribeira Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Directores de teatro de Galicia Categoría:Premios María Casares Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1960 Categoría:Premios da Cultura Galega