Isaac Rodríguez Miranda, máis coñecido como Peter Punk ou Peter Punk PallasoPoderiamos dicir que o pallaso vén da idea de Peter Pan, dese neno que non quere medrar, que xoga, que chama a atención e que busca o amor do público; logo está combinado co termo Punk, que sería máis o relacionado co bufón e a parte provocadora e burlona. Mais todo está sempre desde a postura do xogo e a ficción. (Sermos Galiza, 18/07/2025), nado en Nigrán en 1979, é un malabarista e pallaso galego.
Traxectoria
É Licenciado en Educación Infantil pola USC e conta cunha extensa carreira como malabarista, pallaso e animador. Cos seus espectáculos de clown individuais percorre a Galiza enchendo as prazas de chistes, shows e entretemento. Estivo xunto aos refuxiados en Idomeni, na fronteira entre Grecia e Macedonia, acompañando a Pallasos en Rebeldía e tamén en Palestina. Gañador do Mundoclown 2008 e do Festiclown Rivas-Vaciamadrid 2013 e 2014, estivo de xira por Brasil, Arxentina, Italia e Portugal.
En 2025 era director da Asociación de Profesionais de Circo da Galiza. Ten participado en Os Sete Magníficos Máis Un e o espectáculo musical Xabaxira.
Espectáculos
Chungo que te cagas. Co que nace arredor de 2003 a compañía Peter Punk Pallaso. A Chungratona. Segundo espectáculo. Peter Punk e o neno imperdible, dirixido por Walter Velázquez, con Brais das Hortas. Peor imposible, dirixido por Walter Velázquez, con Brais das Hortas. Pankdemia, froito da pandemia pola Covid-19 Con lingua propia, xuntou todos os chistes que tiña da lingua galega para conformar un espectáculo onde o protagonista é o galego Concerto Punk Infantil, con Brais das Hortas, dirixido por Walter Velázquez.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Pallasos