miniatura|Interior da Pena do Forno. A Pena do Forno é unha rocha situada na ladeira do monte, ao oeste de San Romao, no concello de Baleira. Sitúase a uns 920 m sobre o nivel do mar. Está case en liña ca Pena Grande e ca Pena da Ferradura, xa no concello de Pol. No lado leste ten un furado que permite entrar deitado durante uns metros. Logo aparece unha cavidade onde collen de pé media ducia de persoas.
Notas
Categoría:Montañas de Galicia
Categoría:Baleira