O hórreo do Araño é un hórreo galego situado na contorna da casa reitoral do Araño, no concello de Rianxo. Considerado como o máis grande de Galicia.

Descrición Construído a finais do século XVIII, entre os anos 1784 e 1805, sendo o crego da parroquia Rafael López Lago, quen o mandou erixir. A base pechada conforma un celeiro feito de cachotaría, coas escaleiras de acceso incorporadas. O tornarratos é corrido, prolongación do chan da cámara, feita de cantaría. A cámara está pechada con perpiaños horizontais colocados en ringleira, sen remarcar as columnas. O tellado leva sobrepena baixo o beiril. Ámbalas dúas cabeceiras teñen como remate unha cruz flanqueada por dous pináculos rematados en bóla.

Considerado como o hórreo máis longo de Galicia, sendo a lonxitude da cámara 36,75 metros (contando a base acada os 37,05 m). É tamén o hórreo de máis capacidade, albergando un volume de 109,31 m3. O celeiro ten unha capacidade adicional de 59,09 m3.

Hórreo Vivo Celébrase na contorna do hórreo o festival Hórreo Vivo para desfrutar de música en galego, reivindicar a cultura do lugar e poñer en valor do patrimonio etnográfico do Araño, organizado pola Asociación Cultural Carballeira de Baia, en colaboración coa Asociación de Veciños e Veciñas do Araño e mais a Comunidade de Montes do Araño.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Hórreo galego

Ligazóns externas

Turismo.gal Xunta de Galicia.

Categoría:Rianxo Categoría:Século XVIII en Galicia Categoría:Hórreos de Galicia