A tempada 2024-2025 da División de Honra da liga nacional de rugby foi a 58ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España.

Formato de competición O torneo estivo formado por tres fases. A primeira fase consistía nunha liga a unha volta na que cada equipo xogou once encontros, un contra cada equipo rival. Cando rematou esta primeira fase os seis primeiros equipos da táboa pasaron á segunda fase dentro do Grupo A, e os seis últimos equipos da táboa pasaron á segunda fase dentro do Grupo B. Na segunda fase cada equipo xogou cinco encontros, un contra cada equipo do seu grupo. Trala segunda fase os seis equipos do Grupo A e os dous mellores equipos do Grupo B se clasificaron para cuartos de final, e os dous últimos equipos do Grupo B perderon a categoría. Sistema de puntuación Cada vitoria suma 4 puntos. Cada empate suma 2 puntos. O equipo que gaña o encontro anotando 3 ensaios ou máis que o rival acada un punto bonus. O equipo que perde o encontro por unha diferenza de 7 tantos ou menos acada un punto bonus. Criterio de desempate No caso de que dous ou máis equipos estean empatados a puntos cando remate a primeira fase, os criterios de desempate serán os seguintes: 1º - Maior número de partidos gañados 2º - Maior diferenza entre tantos anotados e tantos encaixados

Primeira fase A primeira fase da División de Honra comezou o 5 de outubro de 2024 e rematou o 15 de febreiro de 2025. Contou con once xornadas de competición nas que cada equipo xogou once encontros. Tralo remate da primeira fase todos os equipos xogaron unha vez contra os seus once rivais. Esta primeira fase serviu para separar os seis mellores equipos dos seis peores que competirían pola permanencia na segunda fase. Táboa Equipo Puntos PX PG PE PP 1 VRAC 48 11 10 0 1 2 CR El Salvador 43 11 10 0 1 3 CD Aparejadores 39 11 8 0 3 4 C Alcobendas R 38 11 8 0 3 5 UE Santboiana 34 11 7 0 4 6 CR Ciencias 27 11 5 1 5 7 CR Cisneros 22 11 4 0 7 8 FC Barcelona 18 11 4 0 7 9 CR La Vila 18 11 3 1 7 10 Ordizia RE 15 11 3 0 8 11 Pozuelo RU 11 11 2 0 9 12 CP Les Abelles 6 11 1 0 10 <small> Campión de inverno. Os seis primeiros pasaron ó Grupo A. Os seis últimos pasaron ó Grupo B. Fonte: ferugby.es

Segunda fase Nesta segunda fase da liga cada equipo xogou contra tódolos equipos do seu grupo, tendo cada equipo cinco encontros. Nesta segunda fase da liga non se partía de cero puntos, mantíñanse os puntos acadados por cada equipo durante a primeira fase. Grupo A Equipo Puntos PX PG PE PP 1 VRAC 68 16 14 0 2 2 CD Aparejadores 56 16 12 0 4 3 C Alcobendas R 53 16 11 0 5 4 CR El Salvador 52 16 12 0 4 5 UE Santboiana 39 16 8 0 8 6 CR Ciencias 33 16 6 1 9 <small> Clasificados para Cuartos de Final. Fonte: ferugby.es

Grupo B Equipo Puntos PX PG PE PP 1 CR Cisneros 41 16 8 0 8 2 FC Barcelona 35 16 8 0 8 3 Ordizia RE 33 16 7 0 9 4 CR La Vila 24 16 4 1 11 5 Pozuelo RU 17 16 3 0 13 6 CP Les Abelles 10 16 2 0 14 <small> Clasificados para Cuartos de Final. Descenso. Fonte: ferugby.es

Eliminatorias polo título

A final da División de Honra tivo lugar nos Campos de Pepe Rojo de Valladolid o 1 de xuño de 2025. Nela enfrontáronse o Club de Rugby El Salvador e o Club de Rugby Cisneros. O club "chamizo" gañou o encontro por 14 tantos a 11, acadando o seu noveno título de liga.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby Outros artigos

Categoría:División de Honra de Rugby Categoría:Rugby en 2025