Rui de Carvalho de Araújo Moreira, nado no Porto o 8 de agosto de 1956, é un empresario e político portugués, alcalde do Porto dende 2013. Aínda que oficialmente é independente, conta co apoio do CDS - Partido Popular dende 2013 e da Iniciativa Liberal dende 2021.

Traxectoria Moreira naceu no Porto. Un dos seus bisavós foi Adolfo Höfle, un rico emigrante alemán e patrón de João Augusto Ferreira de Almeida, o derradeiro home executado por Portugal en 1917.Moreira licenciouse en Administración de Empresas pola Universidade de Greenwich de Londres, sendo o mellor da súa promoción de 1978. Regatista competitivo, gañou títulos xuvenil e sénior e representou a Portugal neste deporte.

Galardóns e recoñecementos 2025: Medalla de Ouro de Galicia.

Notas

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados no Porto Categoría:Políticos de Portugal Categoría:Empresarios de Portugal Categoría:Alcaldes de Portugal Categoría:Medalla de Ouro de Galicia