Lea Sofía Batalla Larrieu-Let, tamén coñecida como Lilí Batalla, nada en París cara a 1912 e finada en Tapia (Ames) o 14 de marzo de 1993, foi unha profesora e escritora galega.

Traxectoria Filla de Jesús Lojo-Batalla Sampedro e Sofía Larrieu-Let,El Correo gallego, 24-10-1947, p. 2. naceu en París onde estaba o seu pai. Sobriña de Óscar Lojo-Batalla Sampedro. Estivo un tempo na Arxentina onde se instalaran os pais ata que retornaron a Ames nos anos trinta. En outubro de 1939 participou na recepción a Philippe Pétain na súa visita a Santiago de Compostela.El Correo Gallego, 27-10-1939, p. 1. Dende 1939 foi profesora de fráncés do Instituto de idiomas da Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo a praza de profesora de francés do Instituto Masculino de Santiago en 1942,El Correo Gallego, 1-3-1942, p. 2. e en abril de 1944 foi nomeada profesora especial temporal de inglés do mesmo instituto.El Correo Gallego, 14-4-1944, p. 2. En 1949 obtivo a praza de profesora de inglés do Instituto de idiomas da Universidade de Santiago de Compostela.La Noche, 5-2-1949, p. 2.El Correo Gallego, 6-2-1949, p. 2. Colaborou en La Noche.La Noche, 24-12-1956, p. 1. Finou en Tapia o 14 de marzo de 1993.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 16-3-1993, p. 76.

Vida persoal

Casou nos anos cincoenta con Roberto Martínez Guardado, que finou en 1987.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-11-1988, p. 71. Notas

Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1912 Categoría:Nados en 1993